Mauro García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mauro García Juncal»)
Mauro
Información persoal
Nome Mauro García Juncal
Nacemento 21 de maio de 1971
Lugar de nacemento Moaña
Altura 1,77 m.
Posición Defensa, centrocampista e dianteiro
Carreira xuvenil
Alondras
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987–1988 Alondras
1988–1995 Pontevedra 194 (23)
1995–2000 Compostela 170 (7)
2000–2003 Rayo Vallecano 38 (2)
2003–2006 Pontevedra 61 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Mauro García Juncal, nado en Moaña o 21 de maio de 1971, é un exfutbolista galego, que xogaba en diferentes posicións na banda dereita.

Destacou principalmente no Pontevedra, no que xogou nove tempadas, e no Compostela, onde militou cinco anos, tres deles na Primeira División. Disputou 470 partidos oficiais entre os dous equipos e xogou tamén co Rayo Vallecano en Primeira e na Copa da UEFA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Alondras, subindo ao primeiro equipo de Terceira División na tempada 1987/88. Na seguinte campaña foi fichado polo Pontevedra, que militaba na Segunda División B. Xogou seis tempadas na banda dereita do club pontevedrés, principalmente en funcións ofensivas, disputando máis de 200 partidos e marcando 23 goles.

A súa fichaxe en 1995 polo Compostela provocou un enfrontamento entre os presidente dos dous clubs, Ramón Crespo e José María Caneda, polo xeito no que esta se levou a cabo.[1] Debutou co equipo santiagués na primeira xornada da tempada 1995/96 da Primeira División, no derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos, onde entrou na segunda parte para substituír a Iñaki Eraña. Na primeira parte da tempada, a pesar de xogar case todos os partidos, fíxoo habitualmente saíndo dende o banco. Isto cambiou a partir de decembro, cando se fixo coa titularidade, colocándoo Fernando Vázquez en labores defensivos, no lateral dereito. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría nunha vitoria por 2-1 contra o Athletic Club en San Lázaro.

Foi unha das pezas máis habituais da defensa compostelanista durante os seguintes anos, xunto a Bellido, Villena e Nacho, e militou no club ata o ano 2000, sumando 190 partidos en cinco tempadas (tres en Primeira e dúas en Segunda). A continuación fichou polo Rayo Vallecano de Juande Ramos, na Primeira División. Militou tres tempadas no club madrileño, co que xogou a Copa da UEFA, perdendo a categoría na última delas.

No ano 2003 regresou ao Pontevedra, adestrado por José Aurelio Gay.[2] Titular indiscutible, na súa primeira tempada contribuíu ao primeiro ascenso do club á Segunda División en case 30 anos. Xogou no club granate ata a súa retirada en 2006, alcanzando os 280 partidos oficiais co club.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Pontevedra califica de impresentable a Caneda". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1995. p. 47. 
  2. "El Pontevedra apura la confección de la plantilla". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2003. p. 33. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]