Maurice de Bévère

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maurice de Bévère, nado en Courtrai o 1 de decembro de 1923 e finado en Bruxelas o 17 de xullo de 2001, foi un debuxante belga de banda deseñada, máis coñecido polo seu alcume Morris. Acadou sona por ser o creador da personaxe de Lucky Luke.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus primeiros estudos nunha ben coñecida escola xesuíta en Aalst. Con 20 anos comezou a traballar coma debuxante nos estudos de animación CBA (Compagnie Belge d'Actualités) onde coñece a Peyo, André Franquin ou Eddy Paape. En 1946 creou Lucky Luke, a súa personaxe máis representativa para a revista de BD Spirou. Continuou a traballar nos anos seguintes tanto na BD coma na animación. A súa morte prodúcese en 2001 cunha caída accidental.

Premios[editar | editar a fonte]