Matteo Renzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matteo Renzi en 2014

Matteo Renzi, nado en Florencia o 11 de xaneiro de 1975, é un político italiano, primeiro ministro desde o 22 de febreiro de 2014, foi alcalde de Florencia desde 2009 ata 2014 e mais é o líder do Partido Democrático tras vencer as primarias do 8 de decembro de 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Laura Bovoli e Tiziano Renzi,[1][2] antigo concelleiro na localidade de Rignano sull'Arno entre 1985 e 1990 pola Democracia Cristiá,[3]. Estudou dereito na Universidade de Florencia rematando estudos en 1999 [4] coa tese Amministrazione e cultura politica: Giorgio La Pira Sindaco del Comune di Firenze 1951-1956. Membro dos scout dirixiu a revista Camminiamo insieme.[5] e traballou para a firma CHIL Srl,[4] sociedade de servizos de mercadotecnia propiedade da súa familia[6] sobre todo coordinando o servizo de venda de La Nazione na área florentina.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Renzi entrou en política cando estudaba no instituto[7]. En 1996 contribuíu no nacemento do Comité de apoio a Romano Prodi na Toscana entrando no Partido Popular Italiano, converténdose no seu secretario provincial en 1999 [8]. No ano 2001 era o coodinador de La Margherita en Florencia e secretario provincial en 2003[9].

Presidente da provincia de Florencia[editar | editar a fonte]

Entre os anos 2004 e 2009 foi o presidente da provincia de Florencia[4]; nas eleccións do 12 e 13 de xuño de 2004 logrou o 58,8% dos votos, á cabeza dunha coalición de centro-esquerda[10], durante o seu mandato diminuíu as taxas provinciais, o persoal e os cargos do ente florentino[11], aínda que en 2012 o tribunal de contas da Toscana condenouno por un desfase contable nos gastos de representación de 50.000 euros, que Renzi atribuíu a cuestións técnicas[12]

Alcalde de Florencia[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi durante unha inauguración no ano 2009

O 29 de setembro de 2008 presentou a súa candidatura ás primarias do centro-esquerda á alcaldía de Florencia, logrando o 40,52% dos sufraxios e vencendo ao candidato oficial, deputado e responsable de relacións internacionais do PD Lapo Pistelli que quedou co 26,91% dos votos.[13].

Nas eleccións municipais do 9 de xuño de 2009 Renzi obtivo o 47,57% contra o 32% do candidato do centro-dereita Giovanni Galli, co quen vai á segunda volta, gañando as eleccións do 22 de xuño [4] co 59,96% dos votos[14]. Pouco despois entrou a formar parte da dirección do PD[15], alcalde popular algunhas sondaxes amósano no ano 2010 como o alcalde máis querido de Italia [16][17].

O 6 de decembro de 2010 Matteo Renzi reuniuse na vila privada do entón primeiro ministro Silvio Berlusconi, para "discutir algúns termos legais da administración de Florencia"[18], tras coñecerse a noticia provocou polémica entre os seus seguidores[19].

So a súa dirección, Florencia foi a primeira gran cidade italiana en aprobar un plano de ordenación urbana de volume cero, que só permite construír edificios novos demolendo igual volume de edificos vetustos[20], e a peonalización de coñecidos lugares da cidade como a Piazza de' Pitti.

O movemento dos "rottamatori"[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi co parlamentario do PD Matteo Richetti en 2012

O 29 de agosto de 2010 lanzou a idea coñecida como «rottamazione» (reciclaxe) dos dirixentes tradicionais do PD[21], e do 5 ao 7 de novembro seguinte organizou con Giuseppe Civati e Debora Serracchiani unha asemblea en Florencia baixo o lema Prossima Fermata: Italia (Próxima parada: Italia)[22], que contou con 800 intervenientes e 6800 partipantes[23], e da que saíu o manifesto do "renzismo": a Carta di Firenze[24].

Entre os principais apoio do grupo dos "rottamatori" salientan o presidente da asemblea lexislativa de Emilia-Romagna Matteo Richetti, o deputado da asemblea de Sicilia Davide Faraone, o conselleiro rexional lombardo Giuseppe Civati, os senadores Andrea Marcucci, Roberto Della Seta, Francesco Ferrante, Pietro Ichino, Luigi Lusi e os deputados Luigi Bobba, Giuseppe Civati, Roberto Giachetti, Maria Paola Merloni, Ermete Realacci e Giuseppina Servodio[25].

Primarias de 2012[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi no European University Institute en 2012

O 13 de setembro de 2012 presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións primarias do centro-esquerda[26], en pugna co secretario do PD Pier Luigi Bersani, o presidente de Puglia e de Esquerda Ecoloxía Liberdade Nichi Vendola, a conselleira da rexión do Véneto Laura Puppato (PD) e o concelleiro de Milán Bruno Tabacci (Alianza por Italia)[27].

Na primeira volta das primarias o 25 de novembro de 2012 Renzi logrou o 35,5% dos sufraxios, o segundo logo de Bersani que tivo o 44,9% [28]. Na segunda volta, o 2 de decembro, quedou co 39,1% contra o 60,9% do secretario do PD[29].

Críticas[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi durante a campaña das primarias en 2012

A candidatura de Renzi foi obxecto de polémica no seo do PD, e contestada por varios dirixentes, como Rosy Bindi e Massimo D'Alema, e do presidente de Esquerda, Ecoloxía e Liberdade Nichi Vendola[30][31].

Pero a contestación máis forte veu de Stefano Fassina, responsable de economía do PD, que acusou a Renzi de copiar algúns puntos do programa de Bersani, o que Renzi replicou que o seu programa era anterior ao do secretario do PD[32].

Primarias de 2013[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista publicada o 9 de xullo de 2013 a La Repubblica anunciou a súa intención de presentar a súa candidatura a secretario nacional do PD[33].

Ademais dos apoios que tivera nas primarias de 2012 recibiu os de Dario Franceschini e da súa corrente Area Democratica[34] (Marina Sereni[35], Piero Fassino[36] e David Sassoli, mais tamén asinaron a presentación da súa candidatura algunhas figuras consideradas próximas ao primeiro ministro Enrico Letta, como Gianni Dal Moro, Francesco Sanna, Francesco Boccia, Lorenzo Basso e Enrico Borghi.[37]

Os contrincantes de Renzi foron Gianni Cuperlo, deputato e ex-secretario da Federación Xuvenil Comunista Italiana[38] e Giuseppe Civati, deputato e ex-conselleiro rexional en Lombardia[39][40].

O 8 de decembro de 2013 resultou elixido secretario del Partito Democratico co 67,5% des votos, proclamándose oficialmente o 15 de decembro no decurso da nova asemblea electa do PD [41]

Posicións políticas[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi nunha conferencia en 2010

Renzi tense declarado favorable ao recambio xeracional da clase dirixente, por medio de eleccións primarias, e amósase partidario de reducir o custe da política, con algunhas medidas como a eliminación de unha das dúas cámaras, a abolición do financiamento público dos partidos, a elección directa dos políticos polos cidadáns, a abolición dos postos vitalicios e a cancelación da contribución estatal aos xornais dos partidos[42].

É partidario das unións civís seguindo o modelo británico e declarou que un político non debe ver o matrimonio como un sacramento [43]. Votou contra das nucleares no referendo de 2011. Partidario de modificar a lei electoral italiana para o Parlaento europeo, reuniuse con Silvio Berlusconi para propoñeren unha nova lei electoral baseada nun colexio plurinominal con eventual dobre quenda e premio á maioría [44].

Libros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Il sistema Renzi: amici, famiglia, potere. E un fascicolo sull’uso dei fondi pubblici". Il Fatto Quotidiano.it. 6 de outubro de 2012. http://www.ilfattoquotidiano.it/2012/10/08/sistema-renzi-amici-famiglia-potere-ma-ce-fascicolo-sulluso-dei-fondi-pubblici/375926/.
  2. "Il padre di Renzi «Sono io il primo rottamato...»". Il Tirreno.Gelocal.it. 13 de setembro de 2012. http://iltirreno.gelocal.it/regione/2012/09/13/news/il-padre-di-renzi-sono-io-il-primo-rottamato-1.5693729.
  3. "Ministero dell'Interno - Anagrafe degli Amministratori Locali e Regionali". http://amministratori.interno.it/amministratori/ServletNomeReg3?campo1=696428&campo2=a.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Biografia di Matteo Renzi". A viso aperto.it. http://www.avisoaperto.it/?page_id=2366.
  5. "Matteo story: Renzi, lo scout che studiava da sindaco". La Nazione.it. 21 de setembro de 2012. http://www.lanazione.it/politica/2012/09/21/775409-renzi-dall-adolescenza-alla-laurea.shtml.
  6. "Renzi, la furbetta pensione da dirigente". lettera43.it. 27 de marzo de 2013. http://www.lettera43.it/politica/renzi-la-furbetta-pensione-da-dirigente_4367589295.htm.
  7. "Matteo story: Renzi studente rottamava i professori". La Nazione.it. 20 de setembro de 2012. http://www.lanazione.it/toscana/politica/2012/09/20/774711-la-prima-puntata-della-storia-di-matteo-renzi.shtml.
  8. "Matteo Renzi in Palazzo Medici Riccardi con il 58,8% dei voti". News dalle Pubbliche Amministrazioni della Toscana centrale. 15 de xuño de 2004. http://met.provincia.fi.it/news.aspx?n=12702.
  9. "Primarie del centrosinistra: Chi è Matteo Renzi". Il Sussidiario.net. 25 de novembro de 2012. http://www.ilsussidiario.net/News/Politica/2012/11/25/PRIMARIE-CENTROSINISTRA-Chi-e-Matteo-Renzi-il-programma-elettorale-e-cosa-succede-se-vince-scheda-del-candidato-/341321/.
  10. "Matteo Renzi in Palazzo Medici Riccardi con il 58,8% dei voti". News dalle Pubbliche Amministrazioni della Toscana centrale. 15 de xuño de 2004. http://met.provincia.fi.it/news.aspx?n=12702.
  11. "La Nazione - Firenze - "Assunti senza qualifiche" Renzi condannato dalla Corte dei Conti Il sindaco: "Fantasiosa ricostruzione"". 5 de agosto de 2011. http://www.lanazione.it/firenze/cronaca/2011/08/05/557690-assunti_senza_qualifiche.shtml.
  12. Vecchi, Davide (21 de setembro de 2012). "La Sprecopoli Renziana". Il Fatto Quotidiano. http://www.ilfattoquotidiano.it/2012/09/21/renzi-e-spese-allegre-mentre-era-presidente-della-provincia/359496/.
  13. "Renzi si candida, Domenici contrario". Corriere.it. 30 de setembro de 2008. http://archiviostorico.corriere.it/2008/settembre/30/Renzi_candida_Domenici_contrario_co_9_080930010.shtml.
  14. "Risultati elezioni amministrative 2009". http://www.comune.firenze.it/elettorale/refeball2009/ballottaggio.htm.
  15. "Direzione nazionale, i membri del Partito Democratico". Direzione nazionale PD. http://beta.partitodemocratico.it/utenti/direzione.htm?page=20.
  16. "Matteo Renzi è il sindaco più amato". Ansa.it. 15 de setembro de 2010. http://www.ansa.it/web/notizie/rubriche/cronaca/2010/09/15/visualizza_new.html_1763219339.html.
  17. "È il fiorentino Renzi il sindaco più amato d'Italia". Il Sole 24 ore. 10 de xaneiro de 2011. http://www.ilsole24ore.com/art/notizie/2011-01-10/renzi-sindaco-amato-italia-063743.shtml?uuid=AYVH4ayC.
  18. "Perché Renzi è andato ad Arcore?". Il Fatto Quotidiano. 8 de decembro de 2010. http://www.ilfattoquotidiano.it/2010/12/08/perche-renzi-e-andato-ad-arcore/80788/.
  19. "Il popolo di Facebook si divide sull'incontro tra Renzi e il Premier". Corriere della Sera. 8 de decembro de 2010. http://corrierefiorentino.corriere.it/firenze/notizie/politica/2010/8-dicembre-2010/popolo-facebook-si-divide-incontro-renzi-premier--18136676704.shtml.
  20. "Piano strutturale di Firenze". Comune di Firenze. http://pianostrutturale.comune.fi.it/.
  21. ""Il Nuovo Ulivo fa sbadigliare è ora di rottamare i nostri dirigenti"". La Repubblica.it. 29 de agosto de 2010. http://firenze.repubblica.it/cronaca/2010/08/29/news/il_centrosinistra-6590717/.
  22. "«La guerra fra generazioni è stata un errore Ma basta De Coubertin, proviamo a vincere»". Corriere.it. 5 de novembro de 2010. http://archiviostorico.corriere.it/2010/novembre/05/guerra_fra_generazioni_stata_errore_co_8_101105021.shtml.
  23. "Pd, una «Carta» da Firenze Renzi: risorsa non pericolo". l'Unità. 8 de novembro de 2010. http://archiviostorico.unita.it/cgi-bin/highlightPdf.cgi?t=ebook&file=/edizioni/20101108/pdf/NAZ/pages/20101108_10_08POL10A.pdf.
  24. "La Carta di Firenze". La Repubblica.it. 7 de novembro de 2010. http://firenze.repubblica.it/cronaca/2010/11/07/news/la_carta_di_firenze-8848423/.
  25. "Corriere della Sera - Il Big bang incassa le firme di Ichino". Corriere Fiorentino. 26 de outubro de 2011. http://corrierefiorentino.corriere.it/firenze/notizie/politica/2011/26-ottobre-2011/big-bang-incassa-firme-ichino-1901953323202.shtml.
  26. "Renzi si candida per le primarie: la lunga corsa per vincere è su due camper gemelli, "i fiorentini orgogliosi di me"". La Nazione.it. 28 de agosto de 2012. http://www.lanazione.it/firenze/cronaca/2012/08/28/764120-matteo-renzi-candidato-primarie-camper-pd-partito-democratico-elezioni.shtml.
  27. "Renzi lancia la sua sfida: «Chi è deluso da Berlusconi venga da noi»". Corriere.it. 13 de setembro de 2012. http://www.corriere.it/politica/12_settembre_13/matteo-renzi-verona-candidatura-primarie_e9e41be2-fd7a-11e1-ae02-425b67d1a375.shtml.
  28. "Primarie centrosinistra 2012, Bersani e Renzi verso il ballottaggio". La Repubblica.it. 2 de decembro de 2012. http://www.ilfattoquotidiano.it/2012/11/25/primarie-centrosinistra-urne-aperte/425680/.
  29. "Primarie, Bersani stravince: oltre il 60%". La Repubblica.it. 2 de decembro de 2012. http://www.repubblica.it/speciali/politica/primarie-pd/edizione2012/2012/12/02/news/primarie_primi_risultati_bersani_boom_renzi_al_38_5_-47936304/.
  30. "Primarie, Bindi: “Renzi? Messaggi berlusconiani. Lavoro per sconfiggerlo”". Il Fatto Quotidiano. 7 de outubro de 2012. http://www.ilfattoquotidiano.it/2012/10/07/primarie-bindi-messaggio-di-renzi-e-berlusconiano-lavoro-perche-sia-sconfitto/375328/.
  31. "Vendola attacca Renzi: "È lui da rottamare" La replica del sindaco: "Non cado in provocazioni"". Il Quotidiano.net. 7 de outubro de 2012. http://qn.quotidiano.net/politica/2012/10/07/783198-primarie-pd-vendola-renzi-bindi.shtml.
  32. "Primarie Pd, Fassina contro Renzi: copia le proposte di Bersani". Il Messaggero.it. 8 de outubro de 2012. http://www.ilmessaggero.it/primopiano/politica/renzi_fassina_copia_bersani_pd_primarie_civati/notizie/224275.shtml.
  33. Claudio Tito (9 de xullo 2013). la Repubblica. http://www.matteorenzi.it/tutti-mi-chiedono-di-candidarmi-cosi-cambiero-il-pd/.
  34. "Franceschini e Areadem si schierano con Renzi". lettera43. 2 de setembro de 2013. http://www.lettera43.it/politica/franceschini-e-areadem-si-schierano-con-renzi_43675107003.htm.
  35. Ignazio Dessì (5 de setembro de 2013). "Pd, Marina Sereni: "Opportunisti? No, diciamo sì a Renzi perché vuole innovare. Il governo? Meglio che duri"". Tiscali. http://notizie.tiscali.it/articoli/interviste/13/09/sereni-intervista-renzi-governo.html.
  36. Laura Secci (20 de outubro de 2013). "Fassino: "Renzi motiva anche i delusi, Cuperlo? È il candidato della nostalgia"". La Stampa. http://www.lastampa.it/2013/10/20/edizioni/asti/fassino-renzi-motiva-anche-i-delusi-cuperlo-il-candidato-della-nostalgia-c5LIJLjFpzNXCwLgUEHZrM/pagina.html.
  37. "Primarie Pd, candidati depositano le firme. Si allunga lista dei lettiani pro Renzi". la Repubblica. 11 de outubro de 2013. http://www.repubblica.it/politica/2013/10/11/news/pd-68396417/.
  38. "Cuperlo: «Mi candido segretario, non reggente»". l'Unità. 10 de maio de 2013. http://www.unita.it/italia/quale-pd/cuperlo-conferma-mi-candido-a-segretario-pd-1.499712.
  39. "Consenso e buonsenso". 13 de novembro de 2012. http://www.ciwati.it/2012/11/13/consenso-e-buonsenso/.
  40. "Pd, Civati: «Voglio un partito di sinistra»". l'Unità. 24 de outubro de 2013. http://www.unita.it/italia/quale-pd/congresso-pd-tocca-a-civati-br-voglio-un-partito-di-sinistra-1.529235.
  41. "Pd, Renzi parte all'attacco: subito piano per lavoro, scuola e Unioni civili". E "#Beppe firma qua"". la Repubblica. 15 de decembro de 2013. http://www.repubblica.it/politica/2013/12/15/news/assemblea_pd_renzi_parte_all_attacco_l_avoro_scuola_unioni_civili_e_beppe_firma_qui-73655445/.
  42. "Matteo Renzi Adesso! - Primarie 2012". Il Messaggero.it. 22 de novembro de 2012. http://www.ilmessaggero.it/primopiano/politica/renzi_fassina_copia_bersani_pd_primarie_civati/notizie/224275.shtml.
  43. "Matteo Renzi: il matrimonio è per tutti o quasi.". Gay.tv. http://www.gay.tv/news/attualita/matteo-renzi-il-matrimonio-e-per-tutti-o-quasi-leggi/.
  44. Italicum: il testo e la spiegazione della proposta per la nuova legge elettorale en Polisblog.it, 23 de xaneiro de 2014