Mathew Anikuzhikattil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMathew Anikuzhikattil
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Morte1 de maio de 2020 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Bispo diocesano
15 de xaneiro de 2003 – 12 de xaneiro de 2018 – John Nellikunnel (en) Traducir →
Diocese: Eparquia de Idukki (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónOld University of Leuven (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2003–), sacerdote católico (1971–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónVarkey Vithayathil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Mathew Anikuzhikattil, nado o 23 de setembro de 1942 en Kuruvinal (Raj Británico) e finado o 1 de maio de 2020 en Kolenchery (Kerala, India), foi un eclesiástico católico siro-malabar malaiali, bispo de Idukki entre 2003 e 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 23 de setembro de 1942 en Kuruvinal (Raj Británico), sendo o terceiro fillo de Kunjukutty e Aleykutty Anikuzhikattil.[1] Trasladouse moi novo xunto coa súa familia a Kunchithanny, e completou entre esta vila e a de Chithirapuram a educación básica; posteriormente completou os estudos secundarios en Mutholy.[1] En 1961 ingresou no seminario menor de Kothamangalam, e logo no seminario maior de Vadavathoor onde estudou Filosofía e Teoloxía.[1] O 15 de marzo de 1971 foi ordenado sacerdote diocesano de Kothamangalam polo seu bispo Matthew Pothanamuzhi na parroquia de Kunchithanny.[1]

Logo de ser ordenado sacerdote, foi nomeado párroco auxiliar da catedral de San Xurxo de Kothamangalam, e dous anos despois párroco en Josegiri; nesta aldea estivo sete anos e tivo un papel importante na construción da nova igrexa e na actividade pastoral.[1] Posteriormente tivo un breve paso polas parroquias de Churuly e de Ezhukumvayal, e realizando diversos encargos pastorais en Muvattupuzha e Neyyassery;[1] finalmente, en 1985 comezou estudos de doutoramento en Teoloxía litúrxica na Universidade Católica de Lovaina.[1] Logo de completar o doutoramento, e á súa volta á India en 1989, foi nomeado sucesivamente vigairo da igrexa de San Sebastián de Pottankad e párroco da igrexa de San Miguel en Randar.[1]

En maio de 1990 foi nomeado chanceler e secretario da eparquía de Kothamangalam e profesor visitante do Pontificio Instituto Oriental de Estudos Relixiosos.[1] Dez anos máis tarde, en 2000, foi nomeado reitor do seminario menor de Kothamangalam; formou parte tamén en diferentes períodos de varias comisións e consellos diocesanos.[1]

O 15 de xaneiro de 2003 foi nomeado bispo da nova eparquía de Idukki erixida por Xoán Paulo II.[1] Recibiu a ordenación episcopal o 2 de marzo do mesmo ano,[1] de mans do arcebispo maior de Ernakulam-Angamaly Varkey Vithayathil, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Kothamangalam George Punnakottil e ao bispo de Palai Joseph Pallikaparampil.

Como bispo, tivo a responsabilidade de estabelecer a estrutura administrativa da nova eparquía, destacando a creación dun novo seminario menor e a construción da catedral.[1] Desenvolveu tamén unha forte actividade pastoral, coa creación de novas parroquias e a visita en varias ocasións a todas as parroquias diocesanas, e escribindo 75 cartas pastorais.[1] No eido social, estabeleceu a High Range Development Society para a mellora das condicións de vida dos pobres de Idukki, e foi tamén impulsor do High Range Samrakshana Samithi, un movemento para a protección dos dereitos básicos dos granxeiros do territorio.[1] Finalmente, exerceu tamén diversos encargos no Consello de Bispos Católicos de Kerala e no Sínodo da Igrexa siro-malabar.[1]

Retirouse o 12 de xaneiro de 2018. Con problemas renais e cardíacos, pasou os seus útimos meses en diferentes hospitais. Finou o 1 de maio de 2020 en Kolenchery.[1]

Notas[editar | editar a fonte]