Math rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Math rock
Orixes do estilo: rock experimental, indie rock, post-hardcore, post-punk, noise rock, minimalismo, rock progresivo, art rock
Orixes culturais: finais dos 80 nos Estados Unidos
Instrumentos típicos: guitarra, baixo, batería, voces
Popularidade:
Xéneros de fusións
mathcore

O math rock é un estilo de rock experimental e indie rock ritmicamente complexo e baseado normalmente nas guitarras aparecido a finais dos anos 90, influenciado por bandas de rock progresivo como King Crimson e polos compositores minimalistas do século XX como Steve Reich. Caracterízase por estruturas rítmicas complexas e atípicas (con paradas e inicios irregulares), contrapuntos, compases impares, melodías angulares e estensos acordes a cotío disonantes.

Carcterísticas[editar | editar a fonte]

Mentres que a meirande parte da música rock usa unha medida básica 4/4 (aínda que acentuado ou sincopado), o math rock usa frecuentemente tempos asimétricos como 7/8, 11/8, ou 13/8, ou tempos que cambian continuamente baseados en diversas agrupacións de 2 e 3. Esta complexidade rítmica, vista como "matemática" por moitos oíntes e críticos, é a que lle dá nome ao xénero.

O son está normalmente dominado por guitarras e batería como no rock tradicional, e debido aos complexos ritmos, os baterías de grupos de math rock adoitan a destacar máis que noutros grupos. E común que os guitarristas destas bandas usen a técnica do tapping á hora de tocar, e de cando en vez incorpóranse pedais de loop, como fai Battles. As guitarras tamén adoitan a ser tocadas en tons limpos, máis que noutros xéneros de rock, aínda que algunhas bandas tamén usan distorsión.

As letras non adoitan ser un elemento primordial no math rock; a voz trátase como calquera outro son na mestura. A cotío as voces non son dobradas, e son psicionadas a un volume baixo na mestura, como no estilo de gravación de Steve Albini. Moitos dos grupos mais famosos do xénero son totalmente instrumentais, como Don Caballero ou Hella, aínda que ámbolos dous experimentaron con voces en varios graos.