Tapping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 'tapping' (tamén coñecido como fingertapping) é unha técnica instrumental de guitarra e baixo (instrumentos de corda), que se executa utilizando os dedos da man da púa para premer as cordas sobre o mastro do instrumento, facendo soar así as notas.

O tapping usualmente incorpora pull-offs e hammer-ons (ligados), onde os dedos da man esquerda tamén tocan, que, sendo na mesma corda, pódense tocar así varias notas por pulso. Dos primeiros en usar esta técnica foron Steve Hackett, guitarrista de Genesis e Harvey Mandel, aínda que foi popularizada por Eddie Van Halen, guitarrista de Van Halen, en cancións como "Panama", "Hot for Teacher" e "Eruption". Un grande salto deuno Stanley Jordan, ao usar esta técnica case exclusivamente nas súas interpretacións. Eddie foi o impulsor desta técnica nos 80's e Steve Lukather emprégaa sempre que está nun escenario.

Tapping a dúas mans (Erik Mongrain).

Tipos de tapping[editar | editar a fonte]

1. Tapping a unha man

No tapping a unha man adóitase empregar o dedo medio ou índice para percutir a corda. Faise tap e despois de que soe a nota, faise un pull-off co mesmo dedo do tap, isto sería tapping de dúas notas, e facendo combinacións de máis pull-off e máis hammer-on coa man esquerda pódense facer secuencias de todo tipo.

2. Tapping a dúas mans

Entran en xogo os dedos da man dereita e esquerda e pódese manobrar en varias cordas. Na man dereita ("a que toca"), o tapping é un tap, sen o subsecuente pull-off, así que podería dicirse que é case un hammer-on. Pódese empregar un dedo ou varios para facer o tap. Na man esquerda baséase sobre todo en practicar hammer-ons para que soen as notas, aínda que tamén se pode intercalar pull-offs. O maior expoñente e principal impulsor desta técnica foi Eddie Van Halen a finais dos 70's.

3. Sweep tapping

O sweep tapping é a técnica que fusiona dúas técnicas básicas, o sweep-picking e o tapping, e consiste en utilizar ambas mans para tocar, de maneira rápida, un arpexo. No caso dun guitarrista destro, a man esquerda forma o arpexo, mentres que a man dereita en vez de usar a púa, usa a técnica do tapping, para crear así un son máis melódico, xa que a cantidade de notas que soan é maior que na técnica do sweep picking. Suxéitase a púa co dedo medio e o polgar, mentres que o dedo índice está libre, alternando así dedo e púa nunha secuencia a gusto propio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]