Mariano Ondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariano Ondo
Información persoal
Nome Mariano Ondo Monsuy Angong
Nacemento 29 de xuño de 1999
Lugar de nacemento Ayene
Falecemento 14 de setembro de 2022
Lugar de falecemento Malabo
Altura 1,72 m.
Posición Lateral dereito
Carreira xuvenil
Cano Sport
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017 Cano Sport
2018 Shkupi 3 (0)
2019–2022 Cano Sport
Selección nacional
2018–2019 Guinea Ecuatorial sub-23 1 (0)
2017–2022 Guinea Ecuatorial 7 (0)
Na rede
Instagram: ondo_monsuy Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Mariano Ondo Monsuy Angong, nado en Ayene, Guinea Ecuatorial, o 29 de xuño de 1999 e finado en Malabo o 14 de setembro de 2022, foi un futbolista ecuatoguineano que xogaba como lateral dereito. Foi internacional coa selección de Guinea Ecuatorial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no Cano Sport Academy do seu país, debutando co primeiro equipo en 2017. Ao ano seguinte trasladouse xunto ao seu compañeiro Basilio Ndong a Macedonia do Norte, onde ambos asinaron polo Shkupi.[1][2] Xogou durante seis meses no club de Skopje e posteriormente regresou ao Cano Sport,[3] no que militou tres anos, antes de instalarse en Galicia, onde estivo adestrando co Rápido de Bouzas durante a tempada 2021/22, cun visado de turista. Tras resolverse os trámites administrativos necesarios, estaba previsto que disputase co club galego a tempada 2022/23 da Terceira División RFEF, cando o xogador faleceu repentinamente durante unha concentración da selección ecuatoguineana.[4]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi sete veces internacional coa selección de Guinea Ecuatorial, coa que debutou en 2017.

Morte[editar | editar a fonte]

Morreu o 14 de setembro de 2022, aos 23 anos de idade, mentres adestraba coa selección de Guinea Ecuatorial en Malabo.[5] Sufriu un desmaio durante o adestramento e foi trasladado a un hospital, falecendo antes de chegar.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zdraveski, Filip (3 de febreiro de 2018). "Shkupi welcomes another Equatorial Guinean" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  2. "Mariano Ondo përforcon mbrojtjen e Shkupit (VIDEO+FOTO)" (en albanés). 3 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  3. "Ondo dhe Shkupi ndërprejnë bashkëpunimin" (en albanés). 17 de agosto de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  4. "Fallece el jugador del Rápido de Bouzas Mariano Ondo Monsuy". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 2022. Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Buiyabán Bichua, Alisol (14 de setembro de 2022). "Fallece el jugador de la selección local Mariano Ondo Monsuy" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2022.