Marcos Valín Fontao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcos Valín
Información persoal
Nome Marcos Valín Fontao
Nacemento 16 de outubro de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Lugo
Altura 1,865 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual [retirado]
Carreira xuvenil
Lugo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Lugo 36 (0)
2008–2010 Deportivo B 7 (0)
2011–2014 Racing de Ferrol
2014-2017 Cerceda
2017-2018 Somozas
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de maio de 2020
editar datos en Wikidata ]

Marcos Valín Fontao, nado en Lugo o 16 de outubro de 1987, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu club actual é o CCD Cerceda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciado no fútbol sala en Guntín, pasou a fútbol xogando un ano na Milagrosa e tres nos xuvenís do Club Deportivo Lugo, para dar en 2006 o salto ao primeiro equipo en Segunda División B.

En 2008 é contratado polo Deportivo da Coruña B[1] e a principios de 2010 contou con algunha convocatoria no primeiro equipo coruñés de Miguel Ángel Lotina. En marzo de 2010 lesionouse de gravidade no xeonllo dereito,[2] polo que tivo que ser operado.[3] Estivo apartado do fútbol durante varios meses e rescindiu o seu contrato co Deportivo.

Unha vez xa superada a longa lesión, en xullo de 2011 ficha polo Racing de Ferrol.[4] En 2014 ficha polo CCD Cerceda.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]