Mar Capeáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMar Capeáns
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Europeo para a Investigación Nuclear
DESY (pt) Traducir
Universidade de Heidelberg Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 830335

Mar Capeáns Garrido, nada en Santiago de Compostela en 1967, é unha influente física galega. Foi a primeira española que formou parte do equipo científico permanente do CERN, no Laboratorio Europeo de Física de Partículas en Xenebra,[1][2] onde dirixe o Crupo de xestión de proxectos do Departamento de Tecnoloxía do CERN.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e doutora en Física de Partículas pola mesma universidade.[4] En 1992 incorporouse ao CERN cun programa de estudantes no grupo de desenvolvemento de detectores de Georges Charpak, premio Nobel de Física.[5] Alí permaneceu seis anos traballando en proxectos de I+D na busca de tecnoloxías de detección apropiadas para os experimentos do Large Hadron Collider (LHC). En 1998 trasladouse a Alemaña para participar no deseño, construción e posta a punto do detector de trazas no experimento HERA-B no DESY (Hamburgo).

No 2000 regresou ao CERN e en 2001 incorporouse como membro do persoal científico desta organización ao experimento ATLAS do LHC, onde desenvolveu a súa actividade no deseño e construción do detector de trazas. En 2006 realizou un MBA en Xestión de Proxectos Tecnolóxicos na Universidade de Lausana e EPFL. No 2005 uniuse ao grupo de Tecnoloxía de Detectores do CERN, que liderou desde 2012 até 2017.[3]

Foi membro do grupo consultivo de igualdade de oportunidades do CERN[5] e imparte charlas para incentivar as vocacións femininas entre o alumnado de secundaria.[6]

É importante que a organización na que traballas teña unha política clara de diversidade, onde todo o mundo saiba que é a discriminación e como se manifesta, e segundo, que teña os mecanismos axeitados para solucionar estes problemas de forma eficaz e transparente.[7]

Capeáns é autora de moitos artigos científicos no eido da Física de Altas Enerxías e a instrumentación, é editora da revista Journal of Instrumentation (JINST), e participou como asesora en consellos científicos e na avaliación de financiamento para programas da Comisión Europea e tamén en proxectos internacionais.[8]

En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mar capeáns, Científica del equipo del Gran Colisionador de Partículas de Ginebra "En casa las chicas salimos de ciencias y ellos de letras"". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2020-08-03. 
  2. Rey/Xenebra, Manuel (2017-11-25). "Mar Capeáns: "Hai moitas oportunidades para traballar no CERN; hai que intentalo"". GCiencia. Consultado o 2020-08-03. 
  3. 3,0 3,1 "Mar Capeáns". FBBVA (en castelán). Consultado o 2020-08-03. 
  4. "A ciencia ten nome de muller" (PDF). Uvigo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06-08-2020. Consultado o 3-8-2020. 
  5. 5,0 5,1 swissinfo.ch, <Belén Couceiro>, Ginebra. "Una mujer triunfa en un mundo de hombres". SWI swissinfo.ch (en castelán). Consultado o 2020-08-03. 
  6. "Mar Capeáns: "Necesitamos un liderazgo femenino. Cuando damos oportunidades a las mujeres los resultados son espectaculares"". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2020-08-03. 
  7. Entrevistaen Físical Interviú.
  8. Fernando Sarasketa. "Mar Capeáns convidou ás rapazas a participar plenamente nos cambios TIC que nos agardan". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-08-03. 
  9. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]