Marín (periódico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marín
LocalidadeMarín
Na rede
Galiciana: 2709
editar datos en Wikidata ]

Marín foi un periódico editado en Marín entre 1913 e 1915.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 16 de febreiro de 1913. Veu subsistir a El Fustazo. Dirixido por Raimundo Vidal Pazos ata outubro de 1913. O periódico estaba vinculado ao que fora alcalde de Marín e presidente da Deputación de Pontevedra, Antonio Pazos Fontenla, e manifestou a súa admiración por Eduardo Vincenti. Entre os seus colaboradores figuraron Domingo Seguí, José Pueyo García, Ramón María del Valle Inclán, Antonio Noriega Varela, Sofía Casanova, Gerardo Álvarez Limeses e Sarah Lorenzana. Publicou textos de Valentín Lamas Carvajal, Rosalía de Castro, Joaquín Costa, Victor Hugo e Lev Tolstoi. Manifesta unha mentalidade progresista e preocupación polo problema da emigración. Incluíu novas de Galicia, notas de sociedade e datos sobre a vida cotiá de Marín, lonxa municipal, movemento de poboación, información da sociedade Hijos de Marín de Bos Aires, crónicas da I Guerra Mundial, artigos de divulgación e sección poética. Sostivo polémicas cos periódicos locais La Defensa e El Eco de Marín. Cesou a súa edición o 14 de novembro de 1915.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]