Manuel Pérez Sáenz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Pérez Sáenz nado en Cameros (A Rioxa) en 1848 e finado en 1880, foi un empresario galego.
Traxectoria [editar]
Trasladouse de novo a Santiago de Compostela onde se estableceu e iniciou a súa actividade económica no comercio de Compostela. Despois da súa morte en 1880 os seus fillos continuaron a súa actividade bancaria constituíndo unha sociedade que anos máis tarde pasaría a coñecerse co actual nome de Banco Gallego.
Manuel Pérez Sáenz tamén exerceu como maiorista e como armador nos portos do Carril e outros da Ría de Arousa, dende onde comerciou con portos de todo o mundo, particularmente con América.