Grosista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior do Mercado por xunto de alimentación en Múnic (Alemaña), o terceiro centro grosista de Europa.

O grosista[1] ou comerciante por xunto[2][3] é un compoñente da cadea de distribución, na que a empresa ou o empresario, non se pon en contacto directo cos consumidores ou usuarios finais dos seus produtos, senón que entrega esta tarefa a un especialista. O grosista é un intermediario entre o fabricante (ou produtor) e o usuario intermedio (retallista ou comerciante polo miúdo); intermediario que:

  • compra a unha persoa que produce (produtor)(independente ou asociado en cooperativa), a un fabricante, a outro grosista ou intermediario en grandes cantidades.
  • vende a un fabricante, outro grosista ou a un retallista, en cantidades máis pequenas, mais nunca ao consumidor ou usuario final.

No caso de produtos agrícolas, compran a pequenos agricultores, agrupan a produción, clasifícana, envásana e etiquétana... As empresas grosistas están perdendo protagonismo a favor das grandes empresas de distribución ou de asociacións de retallistas, que están a asumir funcións propias do mercado por xunto.

O conxunto das actividades dos grosistas chámase mercado por xunto ou mercado grosista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego recomendado en Termos esenciais de dereito civil, Nieto Alonso, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2013), Universidade de Santiago de Compostela e Dicionario xurídico galego, Santiago de Compostela - Vigo, Xunta de Galicia - Ed. Xerais, 2011
  2. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega, A Coruña, Real Academia Galega, 2004
  3. Tamén vendedor por xunto en Vocabulario multilingüe de acuicultura

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]