Manuel Martínez Barreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Caracas, Venezuela |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Martínez Barreiro, nado en Caracas en 1961, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Xeografía e Historia. Foi xefe de gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta entre o 2007 e o 2009, secretario da Alcaldía de Vigo no 2000 e asesor do Grupo Parlamentario do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (1984-1993). De 1993 a 1995 foi director do Gabinete de Planificación e Programas da Universidade de Santiago de Compostela. Fixo parte da directiva da Coordinadora Galega de Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento (2002-2003).
Ten colaborado en diversos medios de comunicación como El País, Xornal de Galicia, Tempos Novos, A Nosa Terra dixital e Praza Pública.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- A novísima dereita e nós, 2011, 2.0 editora.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Area Maior, 2002, Xerais.
Edicións[editar | editar a fonte]
- Prosa política no tempo das Irmandades da Fala, 1996, A Nosa Terra.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A praza é nosa, 2011, 2.0 editora.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Blog do autor
- Biografía en El País Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.