Manuel Mariño Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Mariño Méndez
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Fiolledo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Fiolledo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Mariño Méndez, nado en Fiolledo (Salvaterra de Miño) cara a 1882 e finado na mesma parroquia o 15 de febreiro de 1967, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixente agrario, creu en 1913 a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e Salvaterra coa axuda dos emigrados na Arxentina. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Salvaterra de Miño e elixido primeiro tenente de alcalde o 24 de marzo de 1924 na corporación que presidiu Francisco Piñeiro Groba. Foi delegado en Salvaterra da Unión Progresista de Salvaterra de Miño en Buenos Aires. Na Segunda República foi alcalde de Salvaterra de Miño entre 1931 e 1934. Foi o artífice do ingreso na UGT das sete sociedades agrarias que compuñan a Federación Municipal Agraria de Salvaterra en xaneiro de 1933. Afiliouse a Izquierda Republicana e foi reposto como alcalde en febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na parroquia de Leirado e despois fuxiu a Portugal. Estivo detido en Monção durante uns meses, e despois pasou a un penal en Lisboa do que conseguiu saír grazas á axuda do embaixador español. Pasou á zona leal e uniuse ao exército republicano. Recibiu axudas dende Buenos Aires. En 1939 estaba refuxiado en Francia e obtivo o permiso necesario para ingresar na Arxentina, a onde chegou ese ano, grazas á intervención de Manuel Puente González. Nese mesmo ano recibiu unha homenaxe da Sociedad Unión Progresista del Distrito de Salvatiera. Retornou a Salvaterra en 1949. Viviu en Fiolledo até o seu falecemento aos 85 anos de idade.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Salvaterra de Miño
 
1931 - 1934
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 
Alcalde de Salvaterra de Miño
 
1936
Sucesor:
Victoriano Alonso Parada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]