Manuel Escribano Subías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Manuel Escribano Subías
Carlos Escribano.jpg
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento 15 de agosto de 1964 en Carballo
Ordes
Ordenación sacerdotal 14 de xullo de 1996, por Elías Yanes Álvarez
Consagración episcopal 26 de setembro de 2010, por Antonio María Rouco Varela
Bispo de Teruel e Albarracín
2010 -
Predecesor José Manuel Lorca Planes
Outros
Escudo de Carlos Escribano Subías.svg
Escudo de Carlos Manuel Escribano Subías
Quaere primum regnum Dei et iustitiam eius
Ficha en catholic-hierarchy.org

Carlos Manuel Escribano Subías, nado en Carballo o 15 de agosto de 1964, é un eclesiástico católico latino galego, dende 2010 bispo de Teruel e Albarracín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario Maior de Lleida e na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, onde obtivo a Licenciatura en Teoloxía Moral (1994-1996). Foi ordenado sacerdote o 14 de xullo de 1996, incardinado na arquidiocese de Zaragoza.

Exerceu de vigario da parroquia de Santa Engracia (Zaragoza) entre 1996 e 2000. Nese mesmo ano foi destinado como párroco á parroquia do Sagrado Corazón da mesma cidade, e no 2008 regresou como párroco a Santa Engracia.

Foi patrono da Fundación da Universidade San Xurxo (2006-2008) e da Fundación San Valero (desde o 2008), amais de consiliario do Movemento Familiar Cristián (2003-2010) e vigario episcopal do sector Centro da arquidiocese de Zaragoza (2005-2010). Desde 2005 é profesor do Centro Rexional de Estudos Teolóxicos de Aragón.

O 20 de xullo de 2010 foi nomeado bispo de Teruel e Albarracín por Bieito XVI, sucedendo a José Manuel Lorca Planes. O 26 de setembro dese mesmo ano recibiu a ordeación episcopal na catedral de Teruel de mans de Antonio María Rouco Varela, acompañado do nuncio Renzo Fratini e do arcebispo emérito de Zaragoza Elías Yanes Álvarez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
José Manuel Lorca Planes
Bishopcoa.png
Bispo de Teruel e Albarracín
2010-
Sucesor:
no cargo