Manuel Antón Mosteiro García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Antón Mosteiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1729015

Manuel Antón Mosteiro García, nado en Bueu o 16 de maio de 1970, é un profesor e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Hispánica na Subsección Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela[2] foi profesor de Lingua e Literatura Galega no Colexio Marcote de Vigo e no Colexio Internacional Sek Atlántico de Pontevedra.[3] Foi Membro dos Xurados do Premio de Poesía Johan Carballeira, do Premio de Narrativa Blanco Amor e do Premio de Xornalismo Johan Carballeira. Colaborou no Suplemento do Morrazo do Diario de Pontevedra e en Praza Pública[4] baixo o pseudónimo 'O aletófilo do Morrazo'.[5]

Foi membro fundador e presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira.[6] Colaborador da EGU.

Despois de publicar varios libros de didáctica da Lingua e Literatura Galega en Xerais, en 2020 publicou a súa primeira novela, Tres acordes para unha vella melodía, na que hai tres asasinatos en condicións semellantes, un deles do Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Lerias: Memorias dun mozo de aldea (2020). Ed. de autor. 98 páxs. ISBN 9798688322835. Este conxunto de relatos teñen todos eles un fío común: o mundo rural.

Infanto xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Galacetic 3001: Á procura dun novo mundo (2020). Autoedición. 110 páxs. ISBN 979-8689911113.
  • A avoa Enriqueta e a bicicleta Cleta (2021). Autoedición. 37 páxs. Ilustracións de J. Barbadilla.

Poesía[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

Edición[editar | editar a fonte]

Estudos didácticos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gañador do IX Certame de Poesía "Domingo Antonio de Andrade" convocado pola Asociación Cultural Domingo Antonio Andrade, de Cee (A Coruña)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-10-26. 
  2. García, Manuel Antón Mosteiro. ABAU 2020. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade. 
  3. "MANUEL ANTON MOSTEIRO GARCIA Casa del Libro". casadellibro. Consultado o 2020-10-26. 
  4. "A ágora do aletófilo". aletofilo.prazapublica.com. Consultado o 2020-10-26. 
  5. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: o". www.ogalego.eu. Consultado o 2020-10-26. 
  6. "Asociación - Asociación Amigos Johán Carballeira - Nomes e Voces". www.nomesevoces.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 2020-10-26. 
  7. "«Opté por la autoedición para sacar a la luz mis novelas»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-12. Consultado o 2021-08-14. 
  8. "Novidade: «Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014», de Manuel Antón Mosteiro Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-26.