Manoel Bonabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManoel Bonabal
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaA Graña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Centro Internacional da Estampa Contemporánea Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , gravador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Manoel Bonabal, nado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1961, é un pintor e gravador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do escultor Manuel Barreiro Moratalla[1], estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Compostela e no Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos. Entre 2007 e 2009 impartiu obradoiros de Mail Art organizado pola Fundación Granell e Roteiro de Creación, así como as exposicións realizadas na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. É compoñente do grupo de gravado Ravar e dedícase profesionalmente á pintura. Ten o seu obradoiro na Graña (Carreira, Ribeira)[2].

Exposicións individuais[editar | editar a fonte]

  • "Pingas". Galería J. Lorenzo, Santiago de Compostela (xuño 2006)
  • "Lume". H. Auriense, Ourense (setembro 2006)
  • "En firme". Expolemos, Monforte de Lemos (maio 2007)
  • "De teatro". Casa da Cultura, Sada (xuño 2007)
  • E. das Artes, Porto (setembro 2007)
  • "Xogo". Galería Sargadelos, Monforte de Lemos (novembro 2007)
  • "Xentes". Galería Sargadelos, Madrid (marzo 2008)
  • "Uxía". Exposalnés, Cambados (setembro 2008)
  • "Anacos-Iria". Colexio de Arquitectos, Santiago de Compostela (xullo 2009)
  • "Pingas II". Galería Colección, A Coruña (agosto 2009)
  • Centro Comarcal Tabeirós-Terra de Montes, A Estrada (setembro 2009)

Notas[editar | editar a fonte]