Mahani Teave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMahani Teave

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Hawai, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Austral de Chile
Cleveland Institute of Music (en) Traducir
Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, Lingua rapanui e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata

Mahani Teave, nada en Hawai o 14 de febreiro de 1983, é unha pianista clásica orixinaria da Illa de Pascua, en Chile.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teave naceu en Hawai, filla de pai rapanui e nai estadounidense.[1] Asistiu á Universidade Austral de Chile e estudou música no Instituto de Música de Cleveland e Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlin (onde recibiu o Konrad Adenauer Fellowship).[2][3]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Teave durante un concerto en Iquique, Chile, no ano 2012.

Teave é considerada o único músico clásico da Illa de Pascua.[3] Ela comezou a tocar música clásica occidental cando era nena e, despois de que o seu mestre abandonase a illa, a familia de Teave trasladouse a Chile continental para poder continuar a súa educación musical.[2]

Teave realizou viras por todo o mundo, incluíndo actuacións por Chile, Europa e Asia.[2] A súa primeira actuación no Canadá foi en 2014 no simposio da Universidade Carleton na honra de Franz Liszt.[3]

En 2012, Teave fundou a Escola de Música da Illa de Pascua, a primeira escola de música da illa, onde ensinou piano, violonchelo, ukelele e violín.[2][4][5] Ela e o seu marido, Enrique Icka, xestionan a ONG Toki Rapa Nui, que axuda a patrocinar a escola.[6]

En 2020, o produtor e cineasta John Forsen estreou un documental, Song of Rapa Nui, sobre Teave.[7] O documental céntrase na súa viaxe vital a través da música, así como no seu traballo contemporáneo na conservación ambiental. En 2021, Teave lanzou o seu primeiro álbum, Rapa Nui Odyssey.[7] Inclúe pezas de Bach, Chopin, Händel, Liszt, Rakhmáninov e Scriabin.

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2008, a interpretación de Teave do Concerto No. 1 de Rakhmáninov (coa Orquestra Sinfónica de Chile) foi galardoado co Premio APES á mellor interpretación de música clásica en Chile.[3][8]

Outros premios que gañou Teave inclúen o Cleveland Institute of Music Concerto Competition (2004), o Claudio Arrau International Piano Competition (1999) e o Premio ao Mérito (artes) da Universidade Andrés Bello (2012).[3]

En 2012 Teave foi escollida para converterse en artista de Steinway & Sons.[3][9] En 2016, recibiu o premio Advancement of Women de Scotiabank polo seu liderado e traballo na Illa de Pascua na promoción da música.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pianista pascuense debuta con la Orquesta Sinfónica". EMOL (en castelán). 25 de xullo de 2006. Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Long, Gideon (7 de agosto de 2012). "Easter Island's only concert pianist". BBC News (en inglés). Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Celebrating Liszt" (PDF). Carleton University. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  4. "Pianist Mahani Teave launches international campaign to build a music school in Easter Island". This is Chile (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  5. Edwards, Isabel Custer (13 de xaneiro de 2017). "The Music School on the Most Isolated Island in the World". Huffington Post (en inglés). Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  6. "Rapa Nui School of music and arts". Imagina Rapa Nui (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 Thomas May (26 de febreiro de 2021). "From Easter Island, a Pianist Emerges". The New York Times. Consultado o 2021-02-28. 
  8. In-sil, Yang (decembro de 2012). "KF Gallery Open Stage". KoreaFoundation. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  9. "Mahani Teave" (en inglés). Steinway & Sons. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  10. "Scotiabank entregó reconocimiento a Mahani Teave". economiaynegocios.cl (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]