Madredeus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madredeus
Madredeus-Aveiro-01.08.2005-foto de J.P.Casainho 02.jpg
Concerto dos Madredeus en Aveiro, 1 de agosto de 2005
Orixe Portugal
Período 1985 - actualidade
Web oficial Madredeus.com


Madredeus é un grupo musical portugués. A súa música combina influencias do fado coa música moderna.

Os elementos fundadores do grupo foron: Pedro Ayres de Magalhães (guitarra), Rodrigo Leão (teclados), Francisco Ribeiro (violoncello) e Teresa Salgueiro (voz). Magalhães e Leão formaron o grupo en 1985, Ribeiro xuntouselles en 1986. Na súa busca por unha vocalista, descobriron Teresa Salgueiro nunha casa nocturna de Lisboa. Teresa gostou da música do grupo e concordou en xuntarselles. En 1987, o grupo Madredeus (así chamados por teren comezado a tocar na igrexa da Madre de Deus) gravaron o seu primeiro álbum, Os dias da Madredeus.

Foron editados varios álbums, con grande éxito en Portugal, mais o grupo era relativamente descoñecido no estranxeiro. Isto mudou cando Wim Wenders, impresionado coa música do grupo, os convidou para musicaren un documental sobre Lisboa, chamado Lisbon story. Esta banda sonora deu ao grupo a proxección internacional que lle faltaba.

En 1997 Fernando Ribeiro e Gabriel Gomes deixan o grupo por discordancias coa mudanza da orientación musical (afastamento do fado) do álbum O paraíso. No mesmo ano ingresa no grupo Fernando Júdice (baixo).

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]