Músculo recto maior do abdome
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo recto maior do abdome é un músculo da parede abdominal anterior e forma o plano muscular superficial do abdome. Ten dou tipos de insercións: as superiores, na parte inferior do apéndice xifoide do esterno; e as inferiores, no bordo superior da sínfise púbica. Por riba ten o tecido subcutáneo e a pel, e por debaixo áchase o músculo oblícuo maior.
Inervación e vascularización [editar]
- Inervación: na parte superior é inervado por nervios intercostais, e na parte inferior polo nervio abdómino-xenital.
- Vascularización: arteria epigástrica inferior.