Lucio Castelio Severo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucio Castelio Severo
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosXenibera, Xermana, Eufemia de Ourense, Marciana, Vitoria, Liberata, Mariña de Augas Santas, Quiteria, Basilia Editar o valor em Wikidata

Lucio Castelio Severo é unha figura entre o histórico e o mitolóxico que chega a nós como personaxe dos relatos sobre varias santas mártires e virxes da Igrexa Católica que supostamente eran fillas súas.

Figura na lenda[editar | editar a fonte]

Lucio Castelio Severo é un gobernador romano pagán da Gallaecia e Lusitania residente en Balcagia (a Baiona actual) e casado con Calsia. O pouco que se sabe del é que no transcurso dunha campaña militar no ano 119, desprazado lonxe de Balcagia onde deixara a muller, Calsia tivo un parto con nove fillas e asustada porque o marido pensase que tantas fillas só poderían ser froito da infidelidade e promiscuidade decidiu a través da súa criada cristiá Sila desfacerse delas botándoas no río Miñor e evitar así a súa vergoña.

Sila apiadouse delas e repartiu os naipelos entre diferentes familias cristiás, foron bautizadas polo bispo de Braga Santo Ovidio e as nenas (Xenevra, Liberata, Mariña, Quiteria, Vitoria, Marciana, Basilia, Eufemia, e Xermana) medraron chegando a ser exemplos de santidade. Por este motivo foron perseguidas e martirizadas no ano 139 polo seu propio pai malia a que el mesmo tentara convencelas de que abandonasen a súa fe e vivisen unha vida de luxos como parte da súa familia.