Horatio Nelson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lord Nelson")
HoratioNelson1.jpg

Horatio Nelson, nado en Burnham Thorpe o 29 de setembro de 1758 e finado na Batalla de Trafalgar fronte a Barbate, Andalucía, o 21 de outubro de 1805, coñecido tamén como Almirante Nelson ou Lord Nelson, foi un dos mariños de máis sona da historia que se destacou durante as Guerras Napoleónicas e obtivo a súa meirande vitoria na célebre batalla de Trafalgar, na que perdeu a vida.