Lolium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xénero Lolium
Ballico ou raigrás (Lolium perenne L.)
Ballico ou raigrás (Lolium perenne L.)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Poeae
Subtribo: Loliinae
Xénero: Lolium
Especies
Véxase no texto.
Sinonimia

Lolium é un xénero botánico pertencente á familia das gramíneas (Poaceae,[1] Gramineae) está constituído por 8 especies euroasiáticas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son herbas anuais ou perennes, mesotérmicas, con follas planas e tenras. Posúen unha espiga terminal, dística, comprimida, co raque artellado. As espículas son plurifloras, alternas e solitarias en cada nó, as laterais cunha soa gluma e a terminal con dúas, dispostas no mesmo plano ca o raque. A raquilla áchase artellada por riba das glumas e entre os antecios. A gluma superior é lanceolada, rexa. A lemma é oblonga ou lanceolada co dorso arredondado. A pálea é bicarenada, apenas menor ca a lemma. A flor é hermafrodita con tres estames. O cariopse é oblongo e atópase adherido ás glumelas. O número cromosómico básico do xénero é x=7. Ademais do bíblico xoio (Lolium temulentum L.), considerado unha maleza moi daniña, dentro do xénero áchanse tamén especies de grande importancia forraxeira en rexións de clima temperado coma a herba de Vigo (L. multiflorum Lam.) e o ballico ou raigrás (L. perenne L.)

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Lolium contén varias especies moi importantes coma pasteiros forraxeiros e para céspede, notabelmente o estadio The Championships, Wimbledon. Para gandaría, producen un forraxe de moi boa calidade e palatabilidade. Úsanse tamén estas especies para programas de control de erosión de solos.

Algunhas especies, particularmente L. temulentum (xoio), son malezas afectando severamente a produción do trigo e doutras culturas. O pole de raigrás é unha das maiores causas da febre do feo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 83. 1753.[2] A especie tipo é: Lolium perenne L.

Etimoloxía

Lolium : nome xenérico dado por Virxilio a unha maleza problemática.[1]

Citoloxía

Ten un número de cromosomas de: x = 7. 2n = 14 e 28. 2 e 4 ploidias. Cromosomas ‘grandes’.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Ilustración de Lolium temulentum (Poison Darnel)
  • L. ambiguum = Lolium multiflorum
  • L. annuum = Lolium temulentum
  • L. arundinaceum = Festuca arundinacea
  • L. berteronianum = Lolium temulentum
  • L. brasilianum = Lolium perenne
  • L. canadense = Lolium perenne
  • L. crassiculme = Lolium rigidum
  • L. cuneatum = Lolium temulentum
  • L. dorei = Lolium persicum
  • L. giganteum = Festuca gigantea
  • L. gracile = Lolium temulentum
  • L. lepturoides = Lolium rigidum subsp. lepturoides
  • L. marschallii = Lolium perenne
  • L. parabolicae = Lolium rigidum
  • L. pratense = Festuca pratensis
  • L. remotum = Lolium temulentum subsp. remotum
  • L. romanum = Lolium multiflorum
  • L. scabrum = Lolium multiflorum
  • L. siculum = Lolium multiflorum
  • L. subulatum = Lolium rigidum subsp. lepturoides
  • L. teres = Lolium rigidum subsp. lepturoides
  • L. trabutii = Lolium rigidum

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lolium Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lolium

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Espejo Serna, A., A. R. López-Ferrari & J. Valdés-Reyna. 2000. Poaceae. Monocot. Mexic. Sinopsis Floríst. 10: 7–236 [and index].
  2. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  3. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidade de Antioquia, Medellín.
  4. Longhi-Wagner, H. M. 1987. Gramineae. Tribo Poeae, in Fl. Ilust. Rio Grande do Sul. Bol. Inst. Bioci. Univ. Fed. Rio Grande do Sul 41: 1–191.
  5. Longhi-Wagner, H. M., V. Bittich, M. d. G. L. Wanderley & G. J. Shepherd. 2001. Poaceae. Fl. Fanerogâm. Estado San Paulo 1: i–xxv,.
  6. McClure, F. A. 1955. Bamboos. In: J. R. Swallen, (ed.), Flora of Guatemala. Fieldiana, Bot. 24(2): 38–331.
  7. Morales, J. F. 2003. Poaceae. En: Manual de Plantas de Costa Rica. Vol. 3. B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 93: 598–821.
  8. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  9. Renvoize, S. A. 1998. Gram. Bolivia i–xxx,. The Royal Botanic Gardens, Kew.
  10. Sharp, D. & B. K. Simon. 2002. AusGrass: Grasses of Australia. CD-ROM, Version 1.0. CD–ROM.
  11. Soreng, R. J., G. Davidse, P. M. Peterson, F. O. Zuloaga, E. J. Judziewicz, T. S. Filgueiras & O. Morrone. 2003 and onwards. On-line taxonomic novelties and updates, distributional additions and corrections, and editorial changes since the four published volumes of the Catalogue of New World Grasses (Poaceae) published in Contr. U.S. Natl. Herb. vols. 39, 41, 46, and 48. http://www.tropicos.org/Project/CNWG:. In R. J. Soreng, G. Davidse, P. M. Peterson, F. O. Zuloaga, T. S. Filgueiras, E. J. Judziewicz & O. Morrone Internet Cat. New World Grasses. Missouri Botanical Garden, St. Louis.
  12. Flora Europaea: Lolium

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]