Xoio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoio
Illustration Lolium temulentum0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Poeae
Xénero: 'Lolium'
Especie: ''L. temulentum''
Nome binomial
''Lolium temulentum''
L.

O xoio ou lerica (Lolium temulentum), é unha planta anual pertencente á familia das Gramíneas e ao xénero Lolium.

Índice

Descrición [editar]

Habitus

Gramínea de inflorescencia simple e longa. As espiguiñas sentadas, están dispostas de xeito alterno, unha a seguir da outra a cada banda do talo. Diferénciase este Lolium doutros pola forma (oval non lanceolada), tamaño e consistencia das glumelas; tamén porque a gluma é case tan longa como a espiguiña. Tamén é característico desta planta a presenza dunha argana (aresta), bastante longa e visíbel a simple vista, na glumela das flores basais, aínda que non sexa un carácter fixo.[1]

De talo rexo, pode medrar até 1 metro de altura, con inflorescencias na espiga e gran de cor violácea.

Adoita medrar nas mesmas zonas produtoras de trigo considerándose unha herba daniña desa cultura. A semellanza entre estas dúas plantas é tan grande, que nalgunhas rexións díselle ao xoio "falso trigo".

Distribución e hábitat [editar]

Cosmopolita e subcosmopolita. Terófito. Atópase en leiras e nas beiras dos camiños. Herba daniña dos cultivos.

Curiosidades [editar]

Pode ser velenosa, se se colle e se procesa xunto ao trigo unha pequena cantidade de xoio, pode comprometerse a calidade do produto obtido. A planta, e a necesidade de separala do trigo é referenciada na Biblia, no Evanxeo segundo Mateo, na parábola que fala sobre as persoas boas e as más, representando o trigo a bondade e o xoio a maldade.

Sinonimia [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Xoio