Alea iacta est

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alea iacta est é unha locución latina de uso tamén actual que significa literalmente a sorte está guindada. Emprégase para referir que se deu un paso irrevogable, xeralmente de risco ou confrontación.

Historia [editar]

Esta expresión foi atribuída, coa forma iacta alea est, polo historiador Suetonio[1] [2]a Xulio César cando, no ano 49 a.C. cruzou o río Rubicón, que sinalaba o límite entre Italia e a Galia Cisalpina, provincia que lle fora asignada polo Senado romano. Con esta acción César rebelouse contra o Senado, e comezou á guerra civil contra Pompeio.

Segυndo Plutarco, a frase puido ser pronunciada en grego (ἁνερρίφθω κύβος anerrifzo kýbos), aludindo a un verso de Menandro. Parece ser que este autor era un dos favoritos de César.

Gramática [editar]

A expresión está formada polo nominativo de singular de alea,-ae "sorte" e polo pretérito perfecto pasivo do verbo iacio, ieci, iactum "guindar".

Notas [editar]

  1. in De vita Caesarum - Divus Julius, 32, texto latino recollido pola universidade de Chicago
  2. De vita Caesarum - Divus Julius texto latin The latin Library