Conditio sine qua non

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conditio sine qua non ( ou condicio sine qua non ) é unha locución latina orixinalmente utilizada como termo legal e que significa "condición sen a cal non". Refírese a unha acción, condición, ou elemento imprescindible e esencial. En tempos recentes pasou dun uso meramente legal a un uso máis xeral en moitos idiomas: inglés, alemán, francés, italiano, etc. En latín tardío, que é como se acuñou a locución, a fórmula emprega conditio, pero actualmente a frase atópase ás veces coa palabra condicio, que é a forma do latín clásico ( en latín clásico, conditio só tiña o sentido de "fundación", coa mesma orixe etimolóxica que a locución ab urbe condita, que se traduce como "dende a fundación da cidade" ). A frase utilízase tamén en economía, filosofía e medicina.

Exemplo da súa utilización: " Conditio sine qua non para optar ao posto de traballo ofertado é ter pasadas as probas de selección previas"