Ad kalendas graecas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Augusto. Estatua de César Augusto no Museo Chiaramonti da Cidade do Vaticano.

Ad kalendas graecas é unha locución latina de uso actual que significa literalmente "até as quendas gregas". Indícase con ela que unha cousa non se vai realizar xamais, xa que en Grecia non existían as quendas (ou calendas, división do mes romano). Conta Suetonio que a empregaba moito Augusto nas conversas familiares para dar a entender que alguén non pagaría nunca as súas débedas, os préstamos, as apostas etc. Unha expresión galega de significado semellante é: "Cando os peixes boten a voar" ou "Cando mexen as galiñas".