Ab aeterno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Libro da Xénese nunha Biblia de 1723.

Ab aeterno é unha locución adverbial latina cuxo significado literal é "desde sempre", "desde a eternidade", e de aí "desde moi antigo", "desde moito tempo atrás". Emprégase principalmente en Teoloxía, facendo referencia á xeración eterna do Verbo, e en Filosofía. É tradución da forma grega ἀπ'ἀιώνος que desde o Libro da Xénese ata a Apocalipse de San Xoán enche a Biblia, e foi moi usada polos Pais da Igrexa.

Ex.: Segundo as Escrituras, Deus existe ab aeterno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]