Liutprando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Liutprando, nado antes de 690, e fillo e sucesor do rei dos longobardos de Italia Ansprando, duque de Asti, reina de xuño de 712 a 744.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tenta en van unificar a península itálica baixo o dominio longobardo e entra con regularidade en conflito co Papado. Somete aos duques longobardos semiindepententes de Spoleto e de Benevento e tenta expulsar definitivamente aos bizantinos de Italia, especialmente ao cercar Ravenna en 734.

Tiña boas relacións cos francos, participa na batalla do estanque de Berre contra as forzas arabo-musulmás (derrota musulmá de 739), onde participa igualmente o futuro rei franco, Pipino o Breve. En 737, asocia ao poder a Hildeprando, o seu neto. Fai que se volvan a prohibir os matrimonios mistos entre longobardos e romanos, matrimonios que foran autorizados desde o final do século VII, probabelmente para manter a cohesión nacional do pobo longobardo e dos outros pobos aliados (saxóns, xépidos, búlgaros, etc…), entre a masa autóctona, moito máis numerosa.

Trazos e características[editar | editar a fonte]

Rei piadoso e sabio nas súas decisións, bo xefe militar, é o máis grande dos reis longobardos. Foi enterrado en Pavía, a capital longobarda. Medía sobre 1.73/1.74m, talle bastante por riba da media para a época e en relación aos outros «italianos» da península.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Reino longobardo

Segue a:
Ansprando
Liutprando
Precede a:
Hildeprando
-