Liska!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liska!
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2010 - actualidade
Xénero(s)ska-punk-reggae
MembrosPaulo, Manolo, Diego, Chanquete, Martín, Paula, Alba, Álex
Antigos membrosBrais Jorge, Luís, Soto, Iago, Fabio
Na rede
Facebook: LiskaGZ Bandcamp: liska Editar o valor em Wikidata

Liska! é un grupo de ska-punk-reggae en activo[1] fundado en Vigo a finais do 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Liska! comezou a ensaiar en outubro de 2010. Neses primeiros momentos sumáronse músicos ata conformar a primeira formación: Luís (guitarra e voz), Juan "Chanquete" (batería), Brais Jorge (guitarra e voz), Álex (saxofón), Martín (teclado e órgano Hammond), Soto (baixo), Iago (trompeta) e Fabio (trompeta).

Debutaron o 6 de agosto de 2011 en Vigo con motivo dos Castroconcertos xunto a Ovos Podres[2]. Tempo despois incorporouse ó grupo Paulo, na voz e nas letras. Fixeron algúns concertos iniciais na zona de Vigo.

O 2012 houbo unha ampla renovación dos membros da banda, con xente que marchou e xente que entrou, entre eles unha forte sección de ventos e unha sección rítmica[Cómpre referencia].

Entre as súas influencias[Cómpre referencia] están grupos clásicos do two-tone e ska-reggae como Madness, The Specials, The Skatalites, Bad Manners, Mr Review, The Selecter ou Toot and The Maytals; grupos do Rock radical vasco como Kortatu, La Polla ou Eskorbuto, e outros grupos máis actuais como Skarnio, Skalariak, Xenreira, Dakidarría, Transilvanians, Skacha, Banda Bassotti, Talco, Salida Nula, Reel Big Fish, Obrint Pas ou Diplomáticos de Monte-Alto.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Paulo, voz.
  • Pendi, batería.
  • Jana, teclado e hammond e voces.
  • Diego Falque, baixo.
  • Manolo, guitarra.
  • Álex, saxo tenor.
  • Alba, saxo alto e coros.
  • Paula, trombón e coros.
  • Sotelino, trompeta.

Discografía[3][editar | editar a fonte]

  • Sonhos da raiva (2013)
  • República 1.0 (2017)
  • República 2.0 (2020)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chío de @liskapunk". Twitter. 2023-01-29. Consultado o 2023-02-05. 
  2. "LISKA!". musicaengalego. 2011-03-14. Consultado o 2023-02-05. 
  3. "Liska!". Galunk Producións. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-05.