Lirio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lirios (xénero Iris)
Iris tuberosa
Iris tuberosa
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Iridaceae
Subfamilia: Iridoideae
Tribo: Irideae
Xénero: Iris
L., 1753
Especies

Véxase no texo

Sinonimia
  • Hermodactylus Mill. (1754).
  • Xiphion Mill. (1754).
  • Belamcanda Adans. (1763), nom. cons.
  • Beverna Adans. (1763).
  • Chamoletta Adans. (1763).
  • Gemmingia Heist. ex Fabr. (1763).
  • Iriastrum Heist. ex Fabr. (1763).
  • Xuris Adans. (1763).
  • Chamaeiris Medik. (1790).
  • Gattenhofia Medik. (1790).
  • Pseudo-iris Medik. (1790).
  • Xyphion Medik. (1790), orth. var.
  • Xeris Medik. (1791).
  • Pardanthus Ker Gawl. (1804).
  • Evansia Salisb. (1812).
  • Thelysia Salisb. (1812).
  • Juno Tratt. (1821).
  • Oncocyclus Siemssen (1846).
  • Limnirion Opiz (1852).
  • Costia Willk. (1860).
  • Coresantha Alef. (1863).
  • Neubeckia Alef. (1863).
  • Limniris Fuss (1866).
  • Spathula Fourr. (1869).
  • Xyridion Fourr. (1869).
  • Joniris (Spach) Klatt (1872).
  • Ioniris Baker (1876), orth. var.
  • Cryptobasis Nevski (1937).
  • Sclerosiphon Nevski (1937).
  • Iridodictyum Rodion. (1961).
  • Siphonostylis Wern.Schulze (1965).
  • Junopsis Wern.Schulze (1970).
  • × Pardancanda L.W.Lenz (1972).
  • Pardanthopsis (Hance) L.W.Lenz (1972).
  • Alatavia Rodion. (1999).
  • Ophioiris (Y.T.Zhao) Rodion. (2004).
  • Eremiris (Spach) Rodion. (2006).[1]

Os lirios son un grupo de plantas pertences ao xénero Iris. Son plantas bulbosas da familia Iridaceae con vistosas flores, cuxo nome deriva do latín arco iris (arco da vella), referíndose á extensa variedade de cores florais que posúen as súas moitas especies e cultivares de xardín. As especies están amplamente distribuídas por todas as rexións temperadas do hemisferio norte. Os seus hábitats son moi diversos, abarcando dende as rexións frías en abas herbosas, devesas, ribeiras até desertos de Europa, Medio Oriente e África do Norte e por toda América do Norte.

En Galiza atopamos varias especies bravas, entre as que salienta o lirio amarelo das charcas (Iris pseudacorus). Os lirios tamén cons cultivados coma plantas ornamentais de todo o país, pola súa flor: o lis. Cómpre salientar unha especie endémica de Galiza: o lirio de monte ou lirio do Xurés (Iris boissieri), que só medra na serra do Xurés, O Courel e o Monte Pindo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son plantas herbáceas perennes que medran de rizomas rastreiros (Iris rizomatosos) ou, en climas máis secos, de bulbos (Iris bulbosos). Posúen longos e erectos talos florais, que poden ser simples ou ramificados, macizos ou ocos. Estes talos poden ser aplanados ou con seccións circulares transversais. As follas, en número de 3 a 10, en forma de espada forman unha masa mesta na parte basal da planta.

As inflorescencias xorden en forma de abano e conteñen unha ou máis flores de seis lóbulos simétricos e lixeiramente recendentes. Os tres sépalos ábrense ou inclínanse cara abaixo, espallándose dende a estreita base cara afora; a miúdo están adornados con liñas ou puntos. Os tres pétalos érguense, parcialmente detrás dos sépalos basais. Algunhas especies miúdas teñen os seis lóbulos apuntando directamente cara fóra. Os sépalos e pétalos difiren uns dos outros. Están unidos na base ao tubo floral situado sobre o ovario. Os estilos divídense cara o ápice converténdose en ramificacións petaloides.

Variedades e cultivo[editar | editar a fonte]

A variedade de xardín máis común é o Iris germanica. As diferentes formas bravas e híbridos naturais de Iris pallida e Iris variegata forman o piar da meirande parte dos híbridos barbados modernos. Os lirios medianos (intermedios, miniatura altos, etc.) derivan de cruzamentos entre as variedades altas e ananas. Outros tipos de lirios comúns de xardín son I. siberica e os seus híbridos (lirios siberianos) e I ensata e os seus híbridos (lirios xaponeses).

A variedade de lirio barbado é tamén a máis doada de cultivar e de propagar, crecendo en calquera zona de xardín con bo solo. Soamente as variedades máis pequenas e delicadas necesitarán a axuda de fertilizantes, e solos máis ricos, por exemplo de turbas ou arxilas, para os manter con boa aparencia. Os que florean máis cedo son as variedades ananas de Iris pumilla, que o fan durante marzo, abril e maio. Durante este último mes e todo xuño florean a maioría dos "barbados altos", tales como I. germanica, I. florentina, I. pallida, I. variegata, I. amoena, I.flavescens, I. sambucina, I. neglecta, I. ruthenica e os seus híbridos. I. unguicularis é unha destacábel especie de inverno, procedente de Alxeria con flores azul ceo manchadas de amarelo que se dan (no hemisferio norte) a intervalos regulares desde novembro até marzo.

Moitas especies pequenas bulbosas poden podrecer con exceso de auga, polo que o solo debe ter unha boa drenaxe, ademais de que deberían estar plantados en zonas sollosas. As especeis de inverno (I. milifolia, I. junonia, I. danfordiae, I. reichenbachii e algunhas outras que florean en febreiro e marzo) cómpre abeiralas cunha camada duns 15 cm de follas secas, casca de piñeiro ou fibra de coco.

Especies[editar | editar a fonte]

Especies en Galiza[editar | editar a fonte]

Listaxe xeral de especies[editar | editar a fonte]

O xénero Iris inclúe as especies a seguir:

Iris japonica.
Iris versicolor
Iris reticulata

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lirio Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]