Levi Strauss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLevi Strauss

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Löb Straus Editar o valor em Wikidata
26 de febreiro de 1829 Editar o valor em Wikidata
Buttenheim Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1902 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , deseñador , inventor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLevi Strauss & CO (1853–) Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiRebecca Strauss (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFanny Strauss (en) Traducir, David Stern (en) Traducir, Jonas Strauss (en) Traducir e Louis Strauss (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblevistrauss.com Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Strauss-196 Find a Grave: 1608 Editar o valor em Wikidata
Levi Strauss.

Non confundir co filósofo Claude Lévi-Strauss

Levi Strauss, nado en Baviera o 26 de febreiro de 1829 e finado o 26 de setembro de 1902, foi un empresario xudeu de orixe alemá, fundador de Levi Strauss & CO, un dos maiores fabricantes de pezas de vestir no mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1847 emigrou a Nova York xunto con dúas irmás e a súa nai, onde foron recibidos por familiares. Viaxou a San Francisco en 1853 para abrir unha pequena tenda de mercería, que creceu ata converterse nun próspero negocio.

En 1872, Jacob Davis, un xastre lituano que lle compraba regularmente pezas a Levi, comunicoulle a este o inconveniente que presentaban os seus pantalóns: os petos descosíanse facilmente co duro traballo da mina. Ambos atoparon unha posible solución: reforzar as esquinas dos petos con reberetes. Suxeriulle que xuntos soliciten a patente do proceso, e o 20 de maio de 1873 chega a concesión desta e da marca rexistrada dos Estados Unidos. Así oficialmente nacía o primeiro pantalón rebereteadp de Levi's. Iníciase así a produción da peza de vestir máis fabricada de todos os tempos: os jeans ou vaqueiros.

Faleceu aos 73 anos, en 1902. Os seus sobriños herdaron o negocio, que permanece en activo ata os nosos días. Ao longo de 2008, Levi Strauss pechou a súa última fábrica nos Estados Unidos para trasladar toda a súa produción a países do terceiro mundo, onde a man de obra é máis barata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]