Jeans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pantalón vaqueiro ou jeans

Os jeans (pronunciado ['jins], pantalóns vaqueiros ou texanos, son un tipo de pantalón feito cun tecido de algodón bastante resistente chamado denim. Orixinalmente esta era unha peza de traballo, pero a partir da década de 1950 empezáronse a impoñer como peza xuvenil.

Cultura[editar | editar a fonte]

Na súa orixe, os pantalóns vaqueiros, pola súa resistencia, usábanos os traballadores manuais, sobre todo en traballos forzosos como os mineiros, ou agricultores de principios do século XX. Nos Estados Unidos na década dos 50, as mozas e adolescentes empezaron a poñerse vaqueiros como forma sutil de protesta contra o conformismo. O feito considerouse unha provocación; por exemplo nalgúns cines non se permitía entrar ao que levase vaqueiros. Na década dos 60, os vaqueiros gañaron aceptación e para a década dos 70 convertéronse nun artigo corrente nos EE.UU., polo menos para vestir informalmente. A súa aceptación seguiu crecendo ata o punto en que agora forma parte do fondo de armario, e en promedio cada estadounidense posúe 7 pares.

As modas foron impoñendo diversos cortes de pantalón, coa cintura máis ou menos alta, coas perneiras axustadas (en España chamáronse de cabicha), rectas ou acampanadas (ou de pata de elefante). Outras tendencias afectaron ao grado de *decoloración do pantalón e ata ao seu integridade: os pantalóns rotos ou feitos xiróns estiveron de moda.

Fabricantes[editar | editar a fonte]

Aínda que a marca de pantalóns vaqueiros por excelencia é Levi's, outros fabricantes clásicos de vaqueiros foron Lee e Wrangler, en México Furor e en España estaba Lois. Todas marcas moi populares nos 70s. Na actualidade hai moitas marcas especializadas en vaqueiros e ata as marcas máis exclusivas fan vaqueiros caros como é o caso de Diesel e G-Star Raw. Levi's fai referencia a "Òscar Levi Strauss".Actualmente é unha tenda moi famosa por todo o mundo.

Curiosidade legal[editar | editar a fonte]

O 10 de febreiro de 1999 a Corte Suprema de Apelación Italiana en Roma absolveu a un reo de violación, argumentando que os pantalóns vaqueiros non se poden quitar sen consentimento do que os leva

O 28 de novembro de 2001, a Corte Suprema de Casación revocou a sentenza anterior, condenando ao reo e establecendo que levar vaqueiros non exclúe unha violación.