LTT 1445Ac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LTT 1445Ac

LTT 1445Ac é un exoplaneta que orbita arredor da estrela LTT 1445A, parte dun sistema triplo con dúas ananas vermellas, LTT 1445B e LTT 1445C (separadas uns 4,8 mil millóns de km) a 22 anos luz da Terra, na constelación de Eridanus. De xeito aparente, todo o sistema é coplanar. É o exoplaneta máis próximo semellante en tamaño á Terra descuberto polo momento (2023).[1]

Características[editar | editar a fonte]

Descubriuno en 2022 o Satélite de vixilancia de exoplanetas en tránsito da NASA, e o Hubble da Axencia Espacial Europea permitiu unha medida axeitada do seu diámetro, equivalente a 1,07 veces o diámetro da Terra.

A súa gravidade superficial é aproximadamente igual á da Terra, sendo asemade un planeta rochoso. A súa temperatura superficial, duns 260 °C é demasiado alta para ter unha forma de vida coñecida.

O planeta ten ao menos dous compañeiros máis, maiores, orbitando a mesma estrela,

Notas[editar | editar a fonte]