O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa
Ficha técnica
Título orixinalL'événement le plus important depuis que l'homme a marché sur la Lune
DirectorJacques Demy
GuiónJacques Demy
IntérpretesMarcello Mastroianni
Catherine Deneuve
MúsicaMichel Legrand
FotografíaAndréas Winding
MontaxeAnne-Marie Cotret
EstreaFrancia 20 de setembro de 1973
Galicia 9 de xaneiro de 1989 (TVG)
Duración92 minutos
Orixe Francia
Italia Italia
XéneroComedia
Recadación$2 100 000[1]
Na rede
IMDB: tt0070960 Filmaffinity: 549628 Allocine: 469 Rottentomatoes: m/a_slightly_pregnant_man Allmovie: v45177 TCM: 489083 Netlix: 70033913Editar o valor em Wikidata

O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa (en francés: L'Événement le plus important depuis que l'homme a marché sur la Lune, en italiano: Niente di grave, suo marito è incinto) é un filme francoitaliano de comedia dirixido por Jacques Demy[2] que se estreou en 1973.

Estreouse en galego o 9 de xaneiro de 1989 a través da TVG.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Marco (Marcello Mastroianni) é un profesor de autoescola prometido a Irène (Catherine Deneuve), unha peiteadora. Tras cear polo, el quéixase á súa patroa de que cociña polo demasiado frecuentemente. Comeza a sentirse inchado e canso e visita un médico, que determina que está embarazado. Un experto conclúe que as hormonas do polo e volveron feminino abondo para ter un fillo. Co seu permiso, os médicos publican o caso e Marco convértese en modelo para unha compañía de roupa para nais que crea unha nova liña dedicada á paternidade. Finalmente, despois de que outros homes tamén queden embarazados, revélase que tiña un embarazo psicolóxico.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. JPbox (ed.). "A Slightly Pregnant Man". Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  2. NY Times.com (ed.). "NY Times: A Slightly Pregnant Man". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2009. 
  3. "Programación da TVG". ABC. 9 de xaneiro de 1989. Consultado o 17 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]