Kleinstaaterei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Imperio Romano Xermánico no 1789

Kleinstaaterei é unha palabra en alemán composta a partir do adxectivo klein que quere dicir pequeno, o nome Staat, Estado, e un sufijo que fai referencia á pluralidade e ten unha connotación despectiva. Este termo utilízase principalmente para referirse á fragmentación territorial en Alemaña e nas rexións veciñas durante o Sacro Imperio Romano Xermánico (especialmente despois do final da Guerra do Trinta Anos) e durante a Confederación Xermánica na primeira metade do século XIX.[1] Refírese á gran cantidade de territorios practicamente soberanos e de pequenos principados seculares e eclesiásticos e ás cidades imperiais libres, algunhas das cales eran pouco máis grandes que unha cidade ou os xardíns do mosteiro da abadía imperial. As estimacións do número total de estados alemáns nun momento dado durante o século XVIII varían, van dende 294 até 348.[2]

O efecto Kleinstaaterei vese agravado polo feito de que, entre os moitos estados alemáns, varios estaban en realidade compostos por dúas ou máis partes non contiguas, a miúdo unidos a través dun matrimonio. A maioría dos estados teñen polo menos un ou dous enclaves, e ás veces moitos máis. No verán de 1789, o mozo Wilhelm von Humboldt e algúns amigos, ao saír de Brunswick, capital do ducado de Brunswick-Wolfenbüttel rumbo a Francia para observar os acontecementos revolucionarios que se desenvolvían en París, tiñan que entrar e saír de seis ducados, catro bispados e unha cidade libre imperial (Aquisgrán) antes de chegar á fronteira con Francia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O historiador J. Whaley define Kleinstaaterei como "Un término pexorativo acuñado a principios do século XIX para denotar unha fragmentación territorial extrema do Reich". J. Whaley, Germany and the Holy Roman Empire (1493-1806), Oxford University Press, 2011, vol. 2, páx. 653
  2. The Times (1994). Atlas of European History, Harper Collins, páx. 127
  3. E. D. Brose (1997). German History 1789-1871, From the Holy Roman Empire to the Bismarckian Reich, Berghahn Books, páx. 4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]