Ken P. Aplin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1958 Ealing, Reino Unido (pt) |
Morte | 15 de xaneiro de 2019 (60 anos) Pappinbarra, Australia (en) |
Causa da morte | Morte natural (Glioblastoma multiforme (pt) ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo , mastozoólogo , herpetólogo , paleontólogo |
Empregador | Western Australian Museum Boola Bardip (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Aplin |
Lista
|
Kenneth P. Aplin, nado o 9 de outubro de 1958, e finado en 2010, é un biólogo australiano coñecido como Ken P. Aplin, que foi investigador asociado ao Instituto Smithsoniano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1981, obtivo o título de B.A. (Bachelor of Arts)[1] en arqueoloxía na Australian National University e, en 1990, o de doutor en bioloxía na Universidade de Nova Gales do Sur, de Sydney.
Os seus intereses en investigación centráronse principalmente non só nos mamíferos terrestres da fauna das rexións Australo-Papúa e da liña de Wallace, senón que se estendeu fóra destas rexións tamén aos roedores murinos do Vello Mundo.[2]
Taxons descritos[editar | editar a fonte]
Entre outros, describiu a familia dos Acrobatidae, marsupiais da orde dos Diprotodontia (citado en M. Archer (ed.), Possums and Opossums: xxii).[3]
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Aplin emprégase para recoñecer a Ken P. Aplin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Equivalente ao actual nivel de grao nos plans de estudos de Europa.
- ↑ Ken P. Aplin Arquivado 10 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na web do Department of Vertebrate Zoology da Smithsonian Institution.
- ↑ Acrobatidae en MSW.