Acrobátidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acrobatidae»)
Acrobátidos
Acrobatidae

Acrobates pygmaeus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Superfamilia: Petauroidea
Familia: Acrobatidae
Aplin, 1987
Xéneros
Véxase o texto

A dos acrobátidos (Acrobatidae) é unha pequeba familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeriformes e superfamilia dos petauroideos. Comprende tan só dous xéneros con cadansúa especie,[1] unha propia de Australia e a outra de Nova Guinea.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1987 polo biólogo australiano Kenneth P. Aplin, investigador asociado ao Instituto Smithsoniano.[1][2]

No pasado, os acrobátidos foron clasificados dentro da familia dos burramíidos. Evidencias recentes suxiren que poden estar relacionados máis proximamente con Tarsipes rostratus, a única especie dos tarsipédidos.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Acrobatidae, está formado, como é a norma, sobre a raíz do nome so seu xénero tipo, Acrobates, coa adición da desidencia do latín científico -ĭidea, propia dos nomes das familias de animais.

Polo que respecta a Acrobates, deriva do grego antigo ἀκροβάτης ‎akrobátēs, 'acróbata'.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia comprende tan só dous xéneros, con cadansúa especie, como quedou dito:

Familia Acrobatidae Aplin, 1987

Características[editar | editar a fonte]

Son dous pequenos animais caracterizados por posuíren unha membrana que une as extremidades anteriores e posteriores a cada lado do corpo, desde os pulsos até os tornecelos, o que lles permite planar dunha árbore a outra. A súa cola, prénsil, está cubierta de pelos curtos.

Os acrobátidos son moi pequenos; de feito, Acrobates pygmaeus é o planador máis pequeno do mundo, e pesa tan só de 10 a 14 g. Distoechurus pennatus é lixeiramente máis grande, chegando a pesar ao redor de 50 g.[3]

Ambas as especies aliméntanse principalmente de néctar, e ambas as dúas teñen unha longa lingua rematada nunha especie de pincel para recoller o néctar e o pole das flores. Tamén poden comeren alúgns insectos.[3]

A súa fórmula dentaria é 3/2, 1/0, 2-3/3, 3/3. Os seus molares son bunodontes e cuadrituberculados; os premolares superiores son secodontes.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Acrobatidae en MSW.
  2. Ken P. Aplin Arquivado 10 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na web do National Museum of Natural History da Smithsonian Institution.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Acrobatidae na ADW.
  4. Acrobates no MSW.
  5. Distoechurus no MSW.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]