Kamaliya
| Kamaliya | |
|---|---|
Kamaliya en 2010 |
|
| Nome completo | Natalya Shmarenkova |
| Alias | Kamaliya |
| Naceu | 18 de maio de 1977 (36 anos) |
| Orixe | Zabaykalye, Rusia |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Cantante, actriz e modelo. |
| Xénero | Pop , Pop-Rock, Synthpop, Europop, Eurodance, House, Electropop |
| Instrumento(s) | voz, violín. |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1993 - presente |
| Web | Kamaliya's web |
Natalya Shmarenkova, mais coñecida como Kamaliya Zahoor (Ucraíno: Камалія Захур, Ruso: Камалия Захур) nada en Zabaykalye, Rusia o 18 de maio de 1977, é unha cantante, modelo e actriz ucraína. Tamén foi Mrs. Mundo 2008.
Índice |
Biografía [editar]
Kamaliya naceu en 1977 en Zabaikallye, Chita Oblast, Rusia. Cando a súa familia trasladouse a Lviv, ela tivo clases de violín e de ópera, e ao mesmo tempo na escola, ela participou en moitos concertos. Os seus esforzos foron observados e ela recibiu unha invitación para cantar co grupo de música folk ucraína "Halytska Perlyna"
En 2003, Kamaliya casouse con Mohammad Zahoor, un empresario británico / paquistaní. Kamaliya tamén está implicada en proxectos de caridade en Ucraína e Paquistán.
En 2004, o Presidente de Ucraína concedeulle a Kamaliya o título de artista Honrado de Ucraína polas súas realizacións notables no desenvolvemento da cultura ucraína.
Nacionalidade [editar]
Aínda que naceu en Rusia, dende pequena vive en Ucraína, polo que ten a nacionalidade Ucraína e non a rusa.
No 2003, cando casou con Mohammad Zahoor ela adquiriu a dobre nacionalidade Ucraína - Paquistán.
Concursos de beleza [editar]
En 2003, ela converteuse en "Miss Ucraína do Sur" e "Miss Open - Odessa".
O 30 de xuño de 2008, Kamaliya venceu o concurso Mrs. Mundo. O evento tivo lugar en Kaliningrado, en Rusia. Ela clasificouse no top cinco de competidoras, que foron as seguintes: Sra Ucraína, Sra Bielorrusia, Sra Vietnam, Sra Perú e Sra Singapur.
En 2009 estaba en Vietnam para pasar a súa coroa para a Sra. Mundo de 2009 a Sra Rusia, Victoria Radochinskaya.
Carreira cinematográfica [editar]
O primeriro papel de Kamaliya nunha pelicula, foi na comedia Muzh Moey Vdovy (ruso: Муж моей вдовы | galego: O marido da miña viúva) por Leonid Gorovets. O filme tivo o seu lanzamento o 01 de abril de 2010 en Ucraína e Rusia
Carreira musical [editar]
Singles [editar]
- "Crazy In My Heart" (2012)
- "Rising Up" (2012)
- "Arrhythmia" (2012)
- "Butterflies" (2012)
- "Arrhythmia" (2012)
Albumes de estudo [editar]
- "Techno Style" (1997)
- "Kamaliya, With Love"
- "Year Of The Queen"
- "Kamaliya" (2012)
- "Club Opera" (2012)