Kalaf Epalanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKalaf Epalanga

Kalaf Epalanga (dereita) no 2013
Nome orixinalKalaf Epalanga Ângelo
Biografía
Nacemento10 de febreiro do 1978
Benguela, Angola
Datos persoais
ResidenciaLisboa
Berlín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAngolano
Actividade
OcupaciónMúsico, escritor
Período de actividadeSéculo XXI
Membro de
Xénero artísticoBreakbeat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaPortugués
Obra
Obras destacables
Também os Brancos Saben Dançar (2018)

Páxina webkalafepalanga.com Editar o valor em Wikidata
Discogs: 3161754 Editar o valor em Wikidata

Kalaf Epalanga Ângelo, nado en Benguela o 10 de febreiro do 1978, é un músico, escritor, poeta e cronista angolano establecido en Berlín.[1][2] Foi fundador da banda Buraka Som Sistema, nomeada aos MTV Europe Music Awards durante tres anos consecutivos na categoría de Mellor Artista Portugués.[3] É cofundador do selo musical Enchufada, unha plataforma creativa lisboeta que fomenta novos estilos musicais.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kalaf Epalanga naceu en Benguela, Angola, rexión na que reside o pobo ovimbundu. Procede dunha familia de funcionarios públicos, relacionada coa cidade de Catumbela e a súa industria ferroviaria. Coa revolución contra o dominio portugués no 1961, o seu avó ingresou no Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), chegando a ser gobernador.[4]

Na segunda metade dos anos noventa, Kalaf Epalanga trasladouse a Lisboa para estudar, coa intención de regresar a Angola cunha mellor formación académica. Porén, os seus plans foron adiados por problemas familiares. No 1998, iniciouse no mundo da música urbana portugesa, facendo colaboracións con artistas como Sara Tavares, Sam The Kid ou Nuno Artur Silva. No 2003, xunto co produtor João Barbosa, fundou a produtora musical independente Enchufada, na que editaría o seu proxecto Buraka Som Sistema.[4]

Foi cronista do xornal portugués Público e da GQ Portugal, así como do xornal angolano Rede Angola. Na actualidade, escribe tamén para a revista brasileira Quatro Cinco Um. As súas crónicas están recollidas en dúas coleccións, Estórias para meninos de cor (2011) e O Angolano que comprou Lisboa (por metade do preço), do 2014, ambos na Editora Caminho. Na súa primeira novela, Também os brancos sabem dançar (2018), publicada pola Editora Todavia, narra a súa traxectoria musical, a historia do kuduro e da kizomba, e fai un retrato de Benguela e da Lisboa dos anos noventa.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Estórias para meninos de cor (2011). Editora Caminho.
  • O Angolano que comprou Lisboa (por metade do preço) (2014). Editora Caminho. ISBN 978-9722127219
  • Também os brancos sabem dançar (2018). Editora Todavia. ISBN 978-9722128810

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "“empty” (Kalaf Ângelo)". www.lyrikline.org. Consultado o 2023-12-11. 
  2. 2,0 2,1 w4h. "Kalaf Epalanga". ALKANTARA (en inglés). Consultado o 2023-12-11. 
  3. "Buraka Som Sistema - Awards & Nominations". awardsandwinners.com. Consultado o 2023-12-11. 
  4. 4,0 4,1 "Kalaf Epalanga". anabelamotaribeiro.pt. Consultado o 2023-12-11. 
  5. Oliveira, Joana (2019-08-16). "Kalaf Epalanga, o estrangeiro que conquistou o mundo". El País Brasil (en portugués). Consultado o 2023-12-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]