Buraka Som Sistema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buraka Som Sistema
Orixe Amadora, Portugal Flag of Portugal.svg
Período 2006-
Xénero(s) Kuduro, Breakbeat, Grime
Selo(s) discográfico(s) Enchufada, Sony BMG
Membros DJ Riot, Li'l John, Conductor, Kalaf


Buraka Som Sistema é un grupo de música electrónica de Amadora (Portugal). A formación está especializada no son kuduro, e están acreditados coma os creadores do kuduro progresivo[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Buraka Som Sistema formouse en 2006 da man de João Barbosa (Li'l John), Rui Pité (DJ Riot), Andro Carvalho (Conductor) e Kalaf Ângelo. Barbosa e Pité eran produtores de Cool Train Crew, do que Kalaf era un dos vocalistas. Os tres estaban interesados en crear un proxecto baseado no kuduro, e decidiron poñelo en marcha tras coñecer a Carvalho, un produtor de hip hop de Angola que estaba de paso por Portugal. O nome da formación está inspirado na freguesía de Buraca, do concello de Amadora.

O seu primeiro traballo foi o EP From Buraka, distribuído polo selo independente Enchufada. Nel estaba o que sería o seu primeiro éxito, o sinxelo "Yah!", coa colaboración da cantante angoleña MC Petty. O álbum foi reeditado en formato CD, e valeulles para comezar darse a coñecer e actuar en festivais como Glastonbury, Roskilde ou Sónar.

En 2007 lanzaron un segundo EP, Sound of Kuduro, no que colabora M.I.A. e outros artistas angoleños e portugueses. Este traballo serviu de punto de partida para o lanzamento do segundo disco, Black Diamond (Sony BMG, 2008). O sinxelo de lanzamento, "Kalemba (wegue wegue)", conta coa voz de Pongolove. Ese mesmo ano Buraka Som Sistema gañou o premio ao mellor artista portugués nos MTV Europe Music Awards.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]