Kakashi Hatake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Naruto
Idade 26/27
Altura 181 cm
Peso 67,5 kg
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Fogo
Mestre
Equipo Equipo
Relevancia Personaxe principal
Familia Sakumo Hatake (pai †)
Seiyū
  • Flag of Japan.svgKazuhiko Inoue
Naruto: Shippūden
Idade 29
Altura 181 cm
Peso 67,5
Ocupación Jōnin
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Fogo
Equipo Equipo Kakashi
Relevancia Personaxe principal
Jutsu
Estatísticas

Hatake Kakashi (はたけカカシ Hatake Kakashi?) é unha das personaxes principais do manga e anime Naruto. É un jōnin da Aldea Oculta de Konoha e antes pertenceu ao ANBU. Sempre chega tarde aos sitios (aducindo desculpas pouco críbeis) e gústalle ler novelas eróticas en todo momento libre inda que é un gran ninja moi respectado e cunha intelixencia e habilidade privilexiadas. O que máis destaca de Kakashi é o seu cabelo, prateado e encrespado, e o xeito no que agocha parte da súa face: por un lado, oculta o seu ollo esquerdo co protector ninja de Konoha, mentres que tamén oculta a súa boca con una máscara (pese a isto, dáse a entender nun capítulo extraoficial do manga (no Oficial Character Data Book) que é un home moi xeitoso)

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Historia[editar | editar a fonte]

Pasado[editar | editar a fonte]

Cando era máis novo, Kakashi era unha persoa que seguía estritamente as regras. Este comportamento debíase a que o seu pai, Sakumo Hatake, alcumado o Cabeiro Branco de Konoha (sendo o seu poder comparábel, segundo se dicía ao dos sannin), foi deshonrado ao abandonar unha misión para salvar aos seus compañeiros, o cal estaba fora das regras de los ninjas, xa que por iso a misión fracasou e incluso aqueles aos que salvara déronlle as costas. O pai de Kakashi, logo dunha grande depresión e da perda da súa reputación, suicidouse.

Cando Kakashi acadou o rango de jōnin, marchou xunto os seus compañeiros Rin e Obito, e o seu mestre Minato Namikaze (o que nun futuro sería o Cuarto Mestre Hokage) a una misión. No curso de ela, logo duns altercados, Rin foi secuestrada, pero Kakashi dixo que non iría a rescatala sen antes rematar a misión, con todo Obito revelouse ao seu líder e foi na súa procura, logo de dirixirlle unhas verbas que o marcarían de por vida: comprendeu que o que fixera o seu pai era o correcto, así que seguiu o seu compañeiro Obito, que nun momento crítico desenvolveu o Sharingan. Máis tarde, o Uchiha véndose atrapado por un alude de rochas provocada polo inimigo, a piques de morrer, decidiu entregar o seu Sharingan a Kakashi. Aparte do Sharingan, moitos toques da personalidade de Obito parecen que seguen en Kakashi, como chegar sempre tarde e dar unha escusa irracional, cousas que antes eran impensábeis nel.

Primeira parte[editar | editar a fonte]

Cara o país da Onda[editar | editar a fonte]

Kakashi nunca aprobara a un grupo coma mestre, até que se topa co de Naruto, Sasuke e Sakura. Eles demostraron posuír o que el recoñece coma un bo equipo: a capacidade de antepor o ben dos compañeiros á consecución da misión. Na súa primeira misión fóra de Konoha, que consistía en protexer a Tazuna, un cidadán do País da Onda, Kakashi e o seu equipo enfróntanse a dous grandes inimigos cos cales non contaban: Zabuza e Haku. Na súa loita contra o primeiro, mostra o seu Sharingan e a súa técnica orixinal, o Raikiri, na cal logra derrotar ao terríbel ninja de Néboa, Zabuza Momochi, e matar accidentalmente a Haku.

Exame Chūnin e invasión de Konoha[editar | editar a fonte]

Logo desta misión, e tralas capacidades demostradas polos seus alumnos, decidiu propolos para participar no exame de ascenso a chūnin, que se ía a celebrar en Konoha en breve. Durante a proba de supervivencia no Bosque da Morte, Sasuke foi marcado co Selo maldito de Orochimaru. Kakashi tivo que realizar unha técnica de selado de urxencia para evitar que o selo tomase o control do seu alumno, mantendo un breve enfrontamento contra Orochimaru e Kabuto Yakushi. Trala proba, adestrou a Sasuke e ensinoulle o Raikiri, co que Sasuke aprendeu o seu Chidori. Durante a invasión sufrida a mans da Aldea Oculta da Area, Kakashi quedou loitando preto do Terceiro Hokage.

Enfrontamento con Itachi e fuxida de Sasuke[editar | editar a fonte]

No tempo inmediatamente posterior, Kakashi enfróntase a Itachi Uchiha cando este volveu a Konoha para capturar a Naruto. Mais sufriu a técnica Tsukuyomi do Mangekyō Sharingan deste, o cal deixoulle nas beiras da morte, obrigándolle a estar no hospital por un tempo até que Naruto e Jiraiya trouxesen a Tsunade para curalo. A rivalidade entre Naruto e Sasuke incrementouse tanto que Kakashi tivo que intervir nunha pelexa entre eles cando estaban utilizando as técnicas de alto nivel que coñecían (Rasengan e Chidori) polo risco. Tras falar con Sasuke, non puido evitar a súa marcha en busca do poder que lle ofreceu Orochimaru.

Xusto tras a marcha do seu alumno, Kakashi sae na procura del xunto con Pakkun , pero chegou tarde e atopou a Naruto vencido por Sasuke no Val do Fin, lamentándose polo ocorrido.


Segunda parte[editar | editar a fonte]

Rescate de Gaara[editar | editar a fonte]

Kakashi reúnese con Sakura e Naruto máis de dous anos logo da perda de Sasuke. Tras realizar un breve adestramento, Akatsuki ataca a Aldea da Area e secuestra a Gaara. Kakashi participa na misión para rescatar a Gaara.

Antes de chegar son retidos por un clon de Itachi Uchiha, que tras varias vicisitudes é derrotado polo Ōdama Rasengan de Naruto. Máis tarde, unha vez o Shukaku é extraído de Gaara, Kakashi persegue xunto a Naruto ao Akatsuki que levou o corpo do Kazekage, Deidara, e mostra por vez primeira o seu Mangekyō Sharingan perdendo o Akatsuki un brazo, e evitando que unha grande non provoque ningún dano aos ninjas de Konoha, posto que Kakashi envíaa a outra dimensión con esta técnica. Finalmente Gaara é revivido por Chiyo e Deidara foxe trala morte de Sasori. Tralo gasto de chakra que lle supón usar esta técnica, queda incapacitado para moverse de por si durante un tempo, e é substituído por Yamato como líder do equipo de Naruto e Sakura.

Fūton: Rasen Shuriken[editar | editar a fonte]

Kakashi, trala nova derrota ante Sasuke de Naruto, pensa nun adestramento acelerado para combinar o seu Rasengan coa natureza da súa chakra, coa axuda de Yamato e o Kage Bunshin non jutsu, tratando de axudalo a crear a súa propia técnica.

Cando máis tarde aparecen os membros de Akatsuki Hidan e Kakuzu, combate contra este último xunto a Ino e Chōji, e coa axuda de Shikamaru consegue eliminar dous dos cinco coranzón de Kakuzu, mentres Naruto remataba o adestramento con Yamato. Cando a situación xa era insostíbel e Kakashi estaba en serias dificultades, chegan Naruto, Yamato, Sai e Sakura para axudarlles, Naruto logra derrotar fulminantemente a Kakuzu coa súa nova técnica mentres que Shikamaru encerra baixo terra a un desmembrado Hidan. Trala actuación de Naruto, Kakashi encárgase de rematar a Kakuzu usando o Raikiri.

A procura de Itachi[editar | editar a fonte]

Máis tarde, Kakashi forma parte do grupo que Konoha envía para atopar a Itachi e a Sasuke. Tras un breve encontro entre Naruto, Yamato, Hinata e Kabuto Yakushi, todos reúnense de novo tralo combate entre Sasuke Uchiha y Deidara, que termina coa morte de este último nun grande estoupido.

Dende aí todo o grupo de Konoha parte na procura do cheiro de Sasuke grazas ao olfacto de Kiba Inuzuka, tras dividirse o rastro de Sasuke e diseminarse Naruto cos seus Kage Bunshin.

Sasuke contra Itachi[editar | editar a fonte]

Cando xa estaban preto de atopar a Sasuke, todos son detidos por Tobi, que repele os ataques de Naruto e forza a Kakashi a trazar un plan para derrotalo mentres a derradeira batalla entre Sasuke e Itachi ten lugar. Con todo, ningunha das súas estratexias funciona para alcanzar a Tobi, tomando Shino Aburame a iniciativa co seu Hijutsu Mushidama, co que logra acadar e drenar o chakra do Akatsuki. Porén, este esvaécese cunha técnica espazo-temporal que segundo Kakashi supera á de Namikaze Minato. Unha vez que o volven a localizar, este fala con Zetsu, que confirma a morte de Itachi e o delicado estado de Sasuke, cando os ninjas o interrogan, Tobi encarase, xusto no intre no Kakashi descobre o Sharingan do seu adversario.

Saga actual[editar | editar a fonte]

Tras atoparse co seu Sharingan, Tobi abandona o lugar xunto a Zetsu. Kakashi co seu sharingan e a axuda de Hinata atopan o lugar de enfrontamento dos Uchiha e todo o grupo móvese rapidamente. Ao atoparse coa fraga incendiada co Amaterasu, Yamato usa o seu Mokuton e Kakashi o seu Mangekyō Sharingan para facelo desaparecer, cando finalmente chegan á escena, Tobi e Zetsu xa marcharan co malferido Sasuke e o cadáver de Itachi respectivamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]