Jutsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na serie Naruto, o jutsu é unha técnica ninja que empregan os personaxes do manga e o anime. Os jutsu dependen nalgunhas ocasións da manipulación do chakra normalmente por varios métodos sendo o máis común realizar os selos da man.

Os jutsu usualmente son produto da canalización do chakra cara certa ou certas partes do corpo a través do sistema circulatorio de chakra que é, ó chakra, o que é o sistema circulatorio regular ó sangue, permitindo crear un efecto que de outro xeito non sería posible sen a manipulación de chakra.

Creación e concepto[editar | editar a fonte]

O concepto de jutsu foi creado por Masashi Kishimoto coa fin de explicar as fazañas sobrehumanas que os ninjas realizan na serie. A intención que Kishimoto quixo plasmar en Naruto era a de esparexer o concepto que se tiña sobre os ninjas grazas a outras series de manga. O uso dos combos de mans reemprazaron os conxuros máxicos empregados noutras fontes e inspirouse nos movementos ninja de algúns xogos de rol. Os combos de manos estaban baseados en personaxes do zodíaco chino que teñen unha longa tradición en Xapón.

Aínda que o concepto de chakra tirouno da mitoloxía india, budismo e outras crenzas relixiosas, Kishimoto non se baseou en ningunha delas para crear o chakra en Naruto. Segundo el, foi un termo que aplicou para definir unha habilidade ninja coa que relacionar os jutsu en Naruto.

Chakra[editar | editar a fonte]

Chakra (チャクラ chakura?) é a fonte de enerxía básica necesaria para que un ninja xere un jutsu en Naruto. Un ninja produce o chakra a través da combinación de dúas enerxías: a enerxía física (身体エネルギー shintai enerugī?), extraída de tódalas células que compoñen o corpo humano, e a enerxía mental (精神エネルギー seishin enerugī?), obtida a raíz da experiencia e o adestramento do corpo. Unha vez creado, o chakra percorre o corpo e é descargado a un dos 361 puntos de chakra. Levando a cabo unha secuencia composta de 12 combos de man diferentes, o chakra pode ser manipulado para crear efectos sobrenaturais, tales como camiñar sobre as augas.

Durante a segunda parte da serie, introdúcese o concepto de manipulación da natureza (性質変化 seishitsu henka?), alterando a cualidade do chakra. A manipulación da natureza permite ó ninja, despois de certo adestramento, transformar o seu chakra nun dos cinco elementos: terra, auga, lume, vento, e raio. Cada elemento ten as súas fortalezas e debilidades con respecto ós demais; por exemplo, o lume é débil contra a auga, pero pode contrarrestar facilmente os jutsu baseados no vento. Tódolos ninjas teñen unha especial atracción por, polo menos, un dos cinco elementos, o que lles permite empregar jutsus dese tipo con maior facilidade.

Un ninja cualificado pode aprender como usar os outros elementos; os Jōnin son quen de manipular dous elementos. Aínda que estes ninjas poden usar os seus elementos diferentes e de xeito separado cun pequeno esforzo, combinando os dous elementos é posible que un ninja que non teña predisposición xenética o consiga. Os ninjas cunha desas habilidades xenéticas poden mesturar dous elementos específicos para crear un completamente novo. Haku, un antagonista introducido ó comezo de la serie, pode mesturar a auga co vento para crear xeo.

As Oito Portas[editar | editar a fonte]

As Oito Portas.

As Oito Portas (八門 Hachimon?) so os oito puntos específicos a través do sistema circulatorio de chakra que limitan o fluxo xeral do mesmo no corpo dun ninja. Aínda que as entradas fan máis feble ó ninja na batalla, limitan as funcións do corpo evitando que expire antes de tempo. Os ninjas que aprenderon a abrir as súas entradas poden superar os seus propios límites físicos co risco de sufrir danos corporais. Cada porta adicional dálle á persoa novos niveles de poder con lesións adicionais; abrindo as oito portas, un pode ser invencible na batalla, pero o seu corpo sofre lesións que lle poden producir a morte. Rock Lee abre as primeiras cinco portas durante a primeira parte da serie, e o seu mestre, Gai Maito, abre unha sétima durante o seu terceiro enfrontamento con Kisame Hoshigaki.

Tipos de Jutsu[editar | editar a fonte]

Os jutsu están divididos en tres categorías: ninjutsu, genjutsu, e taijutsu. Ninjutsu tamén ten dúas subcategorías: jutsu selado e jutsu do selo maldito, ambos son usados para crear selos con fins diversos. Senjutsu, é un concepto introducido na segunda parte da serie, emprega tres tipos de enerxía: as enerxías mentais e físicas dun shinobi e a enerxía da natureza. Canalizando a enerxía da natureza, o creador do senjutsu pode incrementar notoriamente o poder dos seus outros jutsu. As habilidades Kekkei genkai son características xenéticamente herdadas que permiten crear técnicas únicas.

Os jutsu clasifícanse segundo a dificultade para realizalos, un de clase E denota técnicas básicas namentres que un de tipo S fai referencia a un jutsu que require anos de práctica para dominalo. Un jutsu de tipo S non é necesariamente máis eficaz que as habilidades de tipo E, a efectividade dun jutsu baséase na habilidade individual. Ademais dos seis tipos de clasificacións, un jutsu pode recibir tamén, un dos dous tipos informais. Los jutsu "Secretos" (秘伝 hiden?) que pasan de xeración en xeración dentro dun clan. Esos jutsu non están clasificados porque ninguén fóra dese clan sabe empregalo. As "Técnicas prohibidas" (禁術 kinjutsu?), por outra parte, atópanse nun dos seis tipos principais, pero coa excepción de que están prohibidas e non se poden ensinar.

Ninjutsu[editar | editar a fonte]

Refírese a calquera técnica que faga uso de chakra e que permite ó usuario realizar cousas que en outras circunstancias sería incapaz de facer. O ninjutsu para ser efectivo necesita realizar unha serie de selos coas mans (cada selo é un animal diferente do zodíaco chino). Para poder moldealo chakra que se necesita para poder realizar a técnica débese seguir unha secuencia de selos, os cales para unha mesma técnica poden variar dependendo do usuario: se é un novato, terá que realizar máis selos ou a secuencia completa, pero outro con máis experiencia pódeo facer cunha secuencia máis curta.

Genjutsu[editar | editar a fonte]

Técnicas que usan o chakra no sistema nervioso de las víctimas para crear ilusións; é un ninjutsu intelectualmente avanzado. Aqueles con habilidades especiais, como o Clan Uchiha co seu Sharingan ou os que contan cunha intelixencia superior, faráselles máis doado o executar os genjutsu, xa que prestarlle atención ós detalles é un factor clave. O máis común dos genjutsu é a simple creación de pantasmas, facendo que a vítima oia, vexa, probe ou teña sensacións que realmente non están sucedendo. En outras palabras, o genjutsu afecta principalmente ós cinco sentidos, aínda que existen outras aplicacións.

Taijutsu[editar | editar a fonte]

Refírese a calquer técnica baseado no combate corpo a corpo. Son técnicas para as que non é imprescindible ter un talento natural, senón o adestramento da forza e da velocidade do corpo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]