Sakura Haruno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Naruto
Nome real Haruno Sakura
Idade 12/13
Altura 148,5 cm-150,1 cm
Peso 35,4 kg-35,9 kg
Ocupación Gennin
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Lume
Mestre Kakashi Hatake
Equipo Equipo 7
Relevancia Personaxe principal
Seiyū Flag of Japan.svg Chie Nakamura.[1]
Naruto: Shippūden
Nome real Sakura Haruno
Idade 15[2]
Altura 161 cm[2]
Peso 45,4 kg[2]
Ocupación Chūnin
Aldea Aldea Oculta da Folla
País País do Lume
Mestre Kakashi Hatake, Tsunade
Equipo Equipo 7
Relevancia Personaxe principal
Seiyū Flag of Japan.svg Chie Nakamura.[1]
Jutsu
Estatísticas

Sakura Haruno (春野サクラ Haruno Sakura?) é un personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O seu nome traducido ó galego sería «botón de cereixeira» (サクラ? Sakura) e «campo de primavera» (春野? Haruno). Kishimoto comentou que tivera dificultades no debuxo de certas partes do aspecto deste personaxe, principalmente pola súa gran fronte.[3][4]

Tanto no manga coma no anime, Sakura é unha kunoichi da Aldea Oculta de Konoha e forma parte do «Equipo 7», composto por Naruto Uzumaki, Sasuke Uchiha e o seu líder e sensei, Kakashi Hatake; aínda que logo Sasuke abandona o equipo e foi substituído por Sai. Inicialmente, Sakura ten un gran entusiasmo cara Sasuke, louvándoo a cada intre, pero un desprezo cualificativo cara Naruto. Porén, co transcurso da serie, medra máis a súa aceptación e aprecio cara Naruto, pois en Naruto: Shippūden comeza a desenvolver un vínculo máis estreito cara el, xa que ambos comparten o obxectivo de traer a Sasuke de volta ó seu equipo.

Ó ser un dos personaxes principais, Sakura aparece na maioría dos filmes da serie así como en outros medios relacionados coa franquía, entre eles videoxogos e animacións orixinais. Ademais, numerosas publicacións de manga e anime eloxiaron e criticaron ó personaxe. Inicialmente observárase un personaxe dun manga shōnen que serviu como interese amoroso do protagonista.[5][6] A pesar de que a aparición deste personaxe non avanzara moito na serie, logrou acadar os primeiros postos en varias enquisas.[7] Asemade, lanzáronse no mercado múltiples accesorios en semellanza a Sakura, incluíndo bonecas de felpa e chaveiros.[8][9][10]

Creación e concepción[editar | editar a fonte]

Aínda que Sakura é o personaxe feminino máis recorrente en Naruto, orixinalmente Masashi Kishimoto non a creou para que fose «unha heroína». A creación de Sakura foi o resultado do desexo de Kishimoto por facer un personaxe un pouco irritable,[3] e a pesar destes elementos, o mangaka considerase a si mesmo afeccionado a Sakura, xa que a súa personalidade é común entre tódalas persoas, dándolle así un senso máis realista ó personaxe.[11] Asemade, cando se lle preguntou ó autor nunha entrevista sobre se Sakura tiña un pasado que non fora revelado, este explicou que sempre pensou nela como unha «rapaza normal».[12]

No deseño de Sakura, Kishimoto centrouse na súa silueta e creou un vestiario tan sinxelo como lle foi posible. O igual que a súa falta de experiencia no debuxo de heroínas, Kishimoto carecía da experiencia necesaria para facer a Sakura «bela», sendo a característica física máis coñecida de Sakura a súa ampla fronte. Por tal motivo, Kishimoto ás veces céntrase na preparación de escenas de arte onde destaque a kunoichi.[4] No deseño da aparencia do personaxe en Naruto: Shippūden, Kishimoto decidiu trocar a súa roupa para que fose un exemplo máis vivo do estilo karateca. Porén, semellante ó deseño anterior, co fin de conseguir darlle unha aparencia máis feminina.[2]

Personalidade[editar | editar a fonte]

Ó comezo da serie, Sakura ten un profundo entusiasmo por Sasuke Uchiha, principalmente na súa boa planta, «actitude fresca» e o seu prodixioso talento. Debido a isto, nas súas primeiras aparicións, Sakura adícase a intentar gañar o afecto deste.[13] Namentres avanza a historia e comeza a pasar máis tempo con Sasuke como compañeiro de equipo, Sakura desenvolve unha preocupación de que algún día el abandonaría a Aldea Oculta de Konoha en busca de poder.[14] Cando o seu temor se fai realidade ó final da primeira parte, Sakura fai todo o que pode para deter a saída de Sasuke, pero foi imposible. Dende entón, Sakura fai o seu obxectivo principal poder atopar a Sasuke, o cal convértese nun elemento recorrente no seu papel na segunda parte.[15] Aínda que se preocupa polo seu benestar,[16] e non permite que outros o insulten,[17] Sakura está disposta a atacar a Sasuke se este non quere regresar a Konoha.[18]

A relación de Sakura con Naruto, ó igual que con Sasuke, vai cambiando no transcurso da serie. A primeira vez que estiveron xuntos, a kunoichi opinaba que Naruto «era un idiota que deliberadamente trataba de arruinarlle a vida».[13] Naruto amosa o seu valor como ninja, así como a súa adicación polos seus compañeiros de equipo e Sakura decátase que a súa percepción inicial estaba errada.[19] Por outra parte, en Sakura reside un «Inner Sakua», unha manifestación das súas verdadeiras emocións. Ademais de alivio cómico, Inner Sakura representa a verdadeira opinión sobre as cousas.[13] A aparencia desta manifestación acostuma ser marcada por un sinal de exclamación de «Shānnarō» (しゃーんなろー?).

Historia[editar | editar a fonte]

Primeira parte[editar | editar a fonte]

Sakura acompaña ó resto do «Equipo 7» durante a totalidade das súas primeiras misións.[1] Aínda que fai pouco para contribuír nas loitas que teñen lugar, colocándose á marxe en todas elas e permitindo que o resto do seu equipo a protexa e derroten ós seus inimigos. Durante os «Exames Chūnin,» cando o resto dos seus compañeiros quedan feridos, Sakura decátase de que depende dos outros para poder loitar.[20] Así pois, decide mellorar as súas habilidades ninja para poder protexer ós seus amigos,[21] e no resto da serie toma un papel máis activo nas batallas do seu equipo. Porén, despois da fuxida de Sasuke de Konoha, Naruto vai tras del para traelo de volta, e debido ás poucas capacidades de Sakura para poder axudar, faise estudante de Tsunade.[15]

Segunda parte[editar | editar a fonte]

Sakura toma un papel máis activo na segunda parte, como se ve na batalla contra Sasori, un dos membros máis poderosos da Akatsuki, e coa axuda de Chiyo logra saír vitoriosa.[22] Como resultado disto, Sasori revélalle que ten un espía vixiando a Orochimaru, e que ía atoparse con este na Ponte do Ceo e a Terra, podendo saber por medio disto a localización de Sasuke.[23] Naruto, Sakura, e os novos membros do «Equipo 7» —Yamato e Sai— empregan esta pista para buscar a Sasuke, pero unha vez máis non son quen de impedir que fuxa.[24] Posteriormente, cando Pain e Konan invaden a Aldea Oculta de Konoha,[25] Pain atópase con Tsunade, e este emprega unha poderosa técnica que destrúe case toda Konoha dunha explosión, «Shinra Tensei». Sakura logra salvarse grazas a miles de Katsuyu que Tsunade invocara para curar e protexer ós aldeáns.[26] Máis tarde, decátase de que Hinata, que intentara salvar a Naruto, queda ferida.[27] Neji e Tenten logran rescatar a Hinata, e Sakura comeza a curala.[28] Posteriormente, Sakura xunto a Sai decide ir a buscar a Naruto, quen á súa vez fora falar co Raikage para que retirara a Sasuke do «Libro Bingo».[29] Ó chegar ata onde se atopaba Naruto, decláralle o seu amor —parte do plan para impedir que Naruto avanzara e se dirixise cara Sasuke— pero este non llo cre e di que se engana a si mesma. Así, non ten máis remedio que enganar a Naruto dicíndolle que volvía á aldea cando en realidade ía a por Sasuke. Despois de atopar a Sasuke, a kunoichi intenta asasinalo, pero non o consegue e Kakashi aparece no seu rescate. Despois dun curto enfrontamento entre Naruto e Sasuke, ambos equipos regresan ás súas respectivas aldeas.[30]

Habilidades[editar | editar a fonte]

Tanto no manga como no anime, Sakura ten un gran control do chakra.

Durante a primeira parte, as habilidades de Sakura son case nulas, a pesar de que ten un amplo control do seu chakra,[11] como se demostra durante as poucas batallas nas que participa.[31] Porén, non é ata a segunda parte na que aprende a empregar esta capacidade ó seu favor.

Despois do seu adestramento con Tsunade durante dous anos e medio, Sakura adquire dúas habilidades que dependen directamente dun control de chakra preciso. A primeira e máis común destas dúas é a súa habilidade para curar as feridas, dándolle o rango no seu equipo de ninja médico e debido á velocidade para curar a outros, Sakura é unha dos máis talentosos ninjas médicos.[32] Asemade, ó ser unha ninja médico, o seu equipo non pode deixar que se enfronte nas batallas, posto que se sae ferida, o seu equipo corre o risco de morrer.[33] Por outra banda, a segunda habilidade é a súa forza sobrehumana.[34]

Misións feitas[editar | editar a fonte]

Durante o transcurso da historia Sakura fixo as seguintes misións, co resto do Equipo 7:[2]

  • Misións D: 7
  • Misións C: 1
  • Misións B: 2
  • Misións A: 6
  • Misións S: 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "宿敵!?サスケとサクラ". Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) Naruto. TV Tokyo. Episodio 3.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Kishimoto, Masashi (2008). Hiden: Sha no Sho - Character Oficial Databook. ISBN 978-4-08-874247-2. 
  3. 3,0 3,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. p. 140. ISBN 1-4215-1407-9. 
  4. 4,0 4,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. p. 122. ISBN 1-4215-1407-9. 
  5. Ross, Christina. "THEM Anime Reviews 4.0 - Naruto". http://www.themanime.org/viewreview.php?id=120. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  6. Dodson, Joe (13 de outubro de 2007). "Franchise Player: Naruto". http://www.gamespot.com/features/6181360/index.html?om_act=convert&om_clk=newsfeatures&tag=newsfeatures;title;1. 
  7. White, Charles. "IGN: ¡Formación: La Recuperación de Sasuke!". http://tv.ign.com/articles/831/831140p1.html. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  8. "Naruto: Xoguetes e xogos de Sakura". http://www.amazon.com/Naruto-8-inch-Sakura-Plush-Figure/dp/B0011U4USQ/ref=pd_bbs_sr_1?ie=UTF8&s=toys-and-games&qid=1201526378&sr=8-1. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  9. "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura". http://www.amazon.com/Naruto-Sakura-Sitting-Keychain-GE-3571/dp/B000OCB9K4/ref=sr_1_2?ie=UTF8&s=apparel&qid=1201526378&sr=8-2. 
  10. "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura (Naruto: Shippūden)". http://www.amazon.com/Naruto-Sakura-Hurricane-Chronicles-Shippuden/dp/B000QGUU7Q/ref=sr_1_9?ie=UTF8&s=apparel&qid=1201526378&sr=8-9. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  11. 11,0 11,1 Kishimoto, Masashi. Naruto, volume 3. p. 146. ISBN 4-08-872898-X. 
  12. . ISBN 1545-7818. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Kishimoto, Masashi. "Capítulo 3". Naruto, volume 1. ISBN 4-08-872840-7. 
  14. Kishimoto, Masashi. "Capítulo 178". Naruto, volume 20. pp. 142–143. ISBN 4-08-873552-8. 
  15. 15,0 15,1 Kishimoto, Masashi. "Capítulo 236". Naruto, volume 17. ISBN 4-08-873420-3. 
  16. Kishimoto, Masashi. "Capítulo 311". Naruto, volume 35. ISBN 4-08-874273-7. 
  17. Kishimoto, Masashi. "Capítulo 286". Naruto, volumen 32. ISBN 4-08-874039-4. 
  18. Kishimoto, Masashi. "Capítulo 308". Naruto, volume 34. ISBN 4-08-874138-2. 
  19. Kishimoto, Masashi (2002). "Capítulo 105". Naruto, volume 12. pp. 109–110. ISBN 4-08-873259-6. 
  20. "サクラ咲く!決意の後ろ姿". Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) Naruto. Episodio 32.
  21. Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 54". Naruto, volume 6. ISBN 4-08-873089-5. 
  22. "叶わぬ夢". Naruto: Shippūden. Episodio 27.
  23. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 275". Naruto, volume 31. ISBN 4-08-874002-5. 
  24. Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 309". Naruto, volume 34. ISBN 4-08-874138-2. 
  25. Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 419". Naruto, volume 45. ISBN 978-4-08-874627-2. 
  26. "Capítulo 430". Naruto, volume 46. ISBN 978-4-08-874663-0. 
  27. "Capítulo 438". Naruto, volume 47. 2009. ISBN 978-4-08-874711-8. 
  28. "Capítulo 442". Naruto, volume 47. 2009. ISBN 978-4-08-874711-8. 
  29. "Capítulo 459". Naruto, volume 49. 2010. ISBN 978-4-08-874784-2. 
  30. "Capítulo 488". Naruto, volume 52. 2010. ISBN 978-4-08-870084-7. 
  31. Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 90". Naruto, volume 10. p. 162. ISBN 4-08-873197-2. 
  32. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 271". Naruto, volume 30. ISBN 4-08-873881-0. 
  33. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 270". Naruto, volume 30. ISBN 4-08-873881-0. 
  34. Kishimoto, Masashi. "Capítulo 265". Naruto, volume 30. ISBN 4-08-873881-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]