Masashi Kishimoto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Masashi Kishimoto (岸本斉史 Kishimoto Masashi?), nado o 8 de novembro de 1974 en Nagi, Okayama é un popular debuxante de manga creador de Naruto. Ó autor apaixonáballe o manga e o anime e vía as sagas de Akira Toriyama, o creador de Dragon Ball, o cal foi unha das súas principais influencias. Debuxa manga dende que ía ó instituto e é irmán xemelgo de outro debuxante de manga, Seishi Kishimoto, creador de 666 Satan e Blazer Drive.
Manga[editar]
- Karakuri (1996), publicado en Hop Step Award Selection 18 ('95~'96) (1996), Akamaru Jump Winter (1997), e Naruto: The Official Premium Fanbook (2009).
- Naruto piloto (1997), publicado en Akamaru Jump Summer (1997) e Naruto: The Official Fanbook (2002).
- Karakuri (Abril de 1998 – Maio de 1998), serializado en Weekly Shōnen Jump.
- Naruto (Novembro de 1999), serializado en Weekly Shōnen Jump.
- Bench one-shot (Outubro de 2010), publicado en Weekly Shōnen Jump.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||||||||||||||