Julio Silva Vilas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1909 Ribeira, España |
Morte | 29 de xaneiro de 1937 (27 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Julio Silva Vilas, nado en Ribeira o 15 de xullo de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista, político e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Barbeiro. Secretario xeral da UGT de Ribeira. Foi membro da Juventud Cultural Republicana. Colaborou en La Lucha, RAIG e Ser. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]
Vida perosal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Pérez Martínez o 21 de outubro de 1935, coa que tivo un fillo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Diarios de Julio Silva. Ribeira: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Ribeira. 2019.