Manuel Fernández Sendón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Ribeira, España |
Morte | 29 de xaneiro de 1937 (30/31 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Enrique Fernández Sendón |
Manuel Fernández Sendón, nado en Ribeira cara 1906 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Enrique Fernández Sendón. Piloto da mariña mercante. Militante da UGT de Ribeira e do POUM. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Fernández Sendón na páxina web Nomes e Voces.