Julio Palacios Martínez
Julio Palacios foi un dos máis relevantes físicos españois, nado en Paniza (provincia de Zaragoza) no 1891, e morto en Madrid no 1970.
Tras o seu doutoramento na Universidade de Madrid, Blas Cabrera aconselloulle que ampliara estudos en Leiden (Holanda), onde estudou as isotermas a baixa temperatura correspondentes ós gases nobres. Á súa volta, incorporouse no laboratorio do seu mentor con traballo sobre a tensión superficial do mercurio e a corrección correspondente das lecturas barométricas. Asemade, investigou sobre a luminosidade dos raios canais e sobre as substancias para e diamagnéticas.
No 1926 acadou a cátedra de Termoloxía en Madrid. Posteriormente investigou sobre as estruturas cristalinas por difracción de raios X.
O seu ingreso na "Real Academia de Ciencias exactas, Físicas y Naturales" foi o 8 de abril de 1932, cun discurso sobre Mecánica Cuántica