Blas Cabrera Felipe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blas Cabrera foi un físico español nado en Arrecife (Lanzarote) en 1878. Estudou en A Laguna, chegando á dirección da física en España entre o 1925 e 1936, ao ocupar diversos cargos. Magnífico físico experimental, desenvolveu a súa meirande actividade no campo das propiedades magnéticas da materia, acadando un posto senlleiro na física do seu tempo.
Foi anfitrión de Albert Einstein na súa visita a España no 1923. Tivo como discípulo a Julio Palacios Martínez.
Morreu o 1 de agosto de 1945 exilado en México.