Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Nepomuceno de Orbe y Mariaca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1817 Editar o valor em Wikidata
Ermua, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 1891 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Ermua, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , aristócrata , militar , carlist soldier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra carlista, Carlist landing in La Ràpita (en) Traducir e Terceira Guerra Carlista Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé María de Orbe y Gaytán de Ayala (en) Traducir, Cándido de Orbe y Gaitán de Ayala (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJosé María de Orbe y Elío Editar o valor em Wikidata

Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca, nado en Ermua2 de maio de 1817, e finado en ibídem o 21 de abril de 1891, foi o cuarto marqués de Valde-Espina (1850-1891) e un político e militar vasco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Único fillo do mariscal de campo carlista José María de Orbe y Elío que chegou a idade adulta. Durante a súa mocidade loitou ás ordes do seu pai nas súas campañas durante a Primeira Guerra Carlista. Tras o Convenio de Bergara de 1839, que o marqués de Valde-Espina non aceptou, exiliouse co seu pai en Francia. Tiña 22 anos de idade e alcanzara o grao de comandante. Á morte do seu pai en 1850 convértese en marqués de Valdespina e herda o papel relevante que este tivera no movemento carlista.

O marqués de Valde-Espiña (81), sentado á esquerda de Carlos VII, na Xunta de Vevey. Suíza, 1870.

En 1860 participa no errado Alzamento carlista de San Carlos da Rápita. Tras a Revolución de 1868 que derroca á raíña Isabel II de España pasa a ocupar un posto político relevante no carlismo vasco. En 1871, é elixido senador por Biscaia representando ao carlismo (Comuñón Católico-Monárquica) durante o Sexenio Democrático. Pouco despois, primeiro en 1872 e logo en 1873 alzouse en armas apoiando o carlismo durante a Terceira Guerra Carlista (coñecida como Segunda Guerra Carlista no País Vasco). Durante esta guerra foi xefe do estado maior carlista. Chegou a ser comandante xeral de Biscaia e tenente xeneral. Ó acabar a guerra en 1876 volveu exiliarse en Francia. Regresou de novo a España en 1880, converténdose no xefe político do carlismo no País Vasco e Navarra.

En 1891, pouco antes da súa morte, o pretendente carlista Carlos María de Borbón e Austria-Leste nomeouno a título honorífico capitán xeneral. Juan Nepomuceno de Orbe tivo dous fillos, José María e Cándido María, que foron tamén destacadas figuras do carlismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gaytán de Ayala Artázcoz, Antonio. Parientes mayores de Guipúzcoa: señores del palacio casa-fuerte de Murguía en Astigarraga. Revista Internacional dos Estudos Vascos = Revue Internationale des Etudes Basques, Eusko Ikaskuntza, París 1934.